Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O Colexio de Xornalistas condena o novo ataque do alcalde de Ourense a unha xornalista

Información
02 Octubre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1280 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vese na obriga de explicitar unha vez máis o seu rexeitamento a un novo trato despectivo do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cara a unha profesional da comunicación. Xa é tempo de que o rexedor cese por completo a súa estratexia de desprezos reiterados cara aos e ás profesionais do xornalismo, completamente intolerábeis nun cargo público. 

Nesta ocasión, foi Ruth Nóvoa, delegada de La Voz de Galicia en Ourense, a vítima duns ataques e insultos nos que á impertinencia e á completa falta de respecto súmase unha certa compoñente sexista que fai aínda máis impropia e condenábel a actitude do alcalde. Mais cómpre non confundirse: as declaracións de Gonzalo Pérez Jácome son moito máis do que un ataque persoal contra Nóvoa, trátase dunha agresión á toda a profesión e dunha vulneración da liberdade de prensa. Un atentado contra un dos dereitos máis básicos da cidadanía que se agudiza pola reiterada insistencia neste tipo de comportamentos por parte do alcalde de Ourense. 

Nos pouco máis de catro anos que leva de mandato, o Colexio de Xornalistas xa se tivo que dirixir en demasiadas ocasións a Gonzalo Pérez Jácome para lembrarlle que, como alcalde, ten a obriga de respectar o labor das e dos profesionais do xornalismo e de manter unha relación axeitada cos medios. Unha situación inaudita, que non se deu con ningún outro cargo público na historia desta entidade. A insistencia neste tipo de comportamentos e o caso omiso de todas as chamadas de atención realizadas só confirman que estes desprezos aos e ás comunicadoras non son máis do que unha estratexia buscada para torpedear as liberdades de información e prensa na cidade de Ourense. Unha situación á que é preciso, dunha vez por todas, pórlle fin, polo ben da poboación ourensá e de toda a cidadanía galega.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV