Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O BNG proponse paralizar o proxecto de central hidroeléctrica reversible de castrelo de Miño antes de que naza

Información
08 Octubre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1411 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Para o BNG o proxecto non debe pasar da actual fase postestativa, a fase previa á exposición pública dun proxecto definitivo, na que son as diferentes institucións, organizacións e afectados os que se deben presentar o seu posicionamento ao ministerio.

O BNG, que xa presentou mocións nos concellos afectados, para demandar a oposicións a este proxecto nos entes locais,  avanzou inciativas na Deputación de Ourense, parlamento de Galiza e Congreso dos Deputados.

 

Noa Presas denunciou a falta de información á veciñanza afectada por parte das institucións responsables sobre un proxecto incompatible coas necesidade dun modelo enerxético dimensionado e a favor dos intereses de Galiza que preserve a biodiversidade e os recursos hídricos 

A preocupada veciñanza demandou a paralización inmediata deste proxecto, coñecedora das afectación que xa causou o actual encoro.

 Castrelo de Miño, 8 de outubro de 2023. Noa presas, deputada do BNG; Marian Nives , voceira do BNG de Castrelo de Miño; Fins Eirexas, xeólogo e técnico de ADEGA; Esteba Suárez, profesor e Enxeñeiro Industrial participaron nun encontro cun centenar de veciños e veciñas  preocupadas dos concellos Castrelo de Miño, Cartelle, A Arnoia e outro concellos afectados polo proxecto de megacentral hidroeléctrica reversíbel en Castrelo de Miño no que trasladaron información técnica e  de impactos á veciñanza e da vías de oposicións ao mesmo que desde a organización nacionalista xa teñen en marcha.

 O proxecto que actualmente se atopa na fase postestativa, restrinxida a persoas  afectadas  que teñen que alegar contra o proxecto,  insitucións, asociacións ambientalistas,  entre outros;  pero aínda non aberta á veciñanza, o BNG comprometeuse a seguir enviando mocións ás insitucións que se teñen pronunciar, concellos, Deputación, xunta e minsiterio para que o percorridos deste proxecto morra xa aquí e non chege á seguinte fase de presentación de proxecto definitivo e exposición pública

A intervención do enxeñeiro industrial, Esteban Suárez,  puxo en tela de cuestión a utilidade desta central para cumprir os obxectivos de enerxía verde deste proxecto ao empregar máis enerxía para enviar auga á megabalsa que se construirá no coto Novelle que a que  xerará, unha enrexía menor, pero a maior beneficio para a empresa unha vez sexa xerada.

 Fins Eirexas, xeólogo e secretario técnico de ADEGA, puxo de manifesto os impactos de tunelación e movementos de terras que implica o proxecto para a comarca, así como importantes ausencias no proxecto que preocupan a asociación ambientalista,  desde a duración da concesións, que supón a ampliación da concesión do encoro de Castrelo, até cal vai ser o réxime de funcionamento desta balsa ou que se vai facer co entullo resultado das obras que proven das tunelacións, se van ocupar manantiais ou canteiras, cuestións de gravidade que deberan figuran no proxecto e  que non figuran.

A deputada Noa Presas  sinalou a  deixazón das insititucións á hora de informar á veciñanza a cerca de cuestións que lle afectan  directamente, así como a posición do BNG a fovor da veciñanza forzando a oposición de todas as institucións en contra do proxecto para evitar que avance cara a vindeira fase do proxecto e morra xa na fase potestativa.

Presas foi moi contudente sinalando que o goberno central e o goberno da Xunta están traballando para o lobby eléctrico e dandolle as costas ao pobo, en vez de  dar instrumentos  á veciñanza para que se informe, para que xulgue e para que se defenda “por iso  encontros coma os de hoxe con información técnica e de impactos o está facendo o BNG  e organziacións ambientalistas como ADGA e non fan, como correspondería, as institucións públicas”.  Presas remarcou que o BNG xa presentou mocións para posicionar os entes locais afectados en contra do proxecto e que se presentará iniciativas co mesmo fin na Deputación de Ourense, Xunta de Galiza desde o Parlamento galego e no congreso dos Deputados a través de Nestor Rego. Presas recordou que non se poden repetir os erros do século XX e permitir o que Otero Pedrayo con motivo da construción do encoro de Castrelo denominou “feudalismo enerxético”

A veciñanza dos concellos afectados manifestou o seu radical posicionamento en contra deste proxecto e que se faga o imposible para que se paralice xa na fase potestativa do proxecto antes de que avance a outra fase. Algúns veciños presentes rememoraron que se a oposición ao actual encoro supoxo durante a ditadura franquista a intervención do exército a cabalo contra a veciñanza acusandoa de sedición agora podrán facer algo máis.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV