Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

NIGRÁN CONSTRUIRÁ UN CAMPO DE FÚTBOL 7 HOMOLOGADO NO TERREO AO CARÓN DO CENTRO CULTURAL A CAMOESA

Información
04 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 305 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €, sairán a licitación nas vindeiras semanas

Empregarase o terreo do vello campo de fútbol 11 para crear un de 50x30 metros con céspede sintético de última xeración, bandas exteriores e iluminación mediante 8 focos LED

Nigrán, 03.05.24.- O Concello de Nigrán disporá dun campo de fútbol nos terreos onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa, respondendo así a unha vella demanda da asociación de veciños da parroquia. Con este obxectivo, dispón xa do proxecto aprobado e dun orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra, polo que as obras sairán a licitación nas vindeiras semanas.TerrosCampoFutbol72.jpeg

“A veciñanza pediunos habilitar un lugar en Camos onde a rapazada poida practicar este deporte e consideramos todos que este é o mellor sitio posible polas súas condicións topográficas e, sobre todo, por ser un centro de reunión xa establecido, por iso temos que agradecer á Comunidade de Montes a cesión do terreo para este fin”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta superficie ao carón do Centro Cultural (rúa dos Pazos, 121) e onde xa existía un campo de fútbol 11 en condicións impracticables desde hai anos.

Así, o proxecto consiste en empregar ese terreo para habilitar coa mesma orientación, e no seu estremo Este, un novo campo de fútbol 7 de 50x30 metros acorde na súa totalidade coa normativa NIDE do Consejo Superior de Deportes, polo que será un campo de fútbol 7 homologado. O terreo de xogo será céspede sintético de última xeración, de 60 mm de espesor, e co mesmo pavimento disporá de bandas exteriores de 1,5 metros e lonxitudinais de 2,5 metros. Esta ubicación do campo de fútbol permite que o espazo de xogo de bolos se manteña na mesma ubicación sen ningún tipo de afección, así coma a pista deportiva valada e o parque infantil (a parcela total onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa é de 12.504 m² e a superficie de actuación aproximada non supera os 3.000 m² ). Ademais, a instalación será iluminada mediante 8 grandes focos de tecnoloxía LED en aras da mellora da eficiencia enerxética.

“O campo de fútbol 7 complementará as instalacións existentes, polo que este lugar vai a ser un polo de atracción tamén para a mocidade da parroquia, un espazo realmente interxeracional dentro do Nigrán para todos que sempre buscamos”, resume o alcalde.



Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV