Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

DOUS MEDALLISTAS DO CNA EN AUGAS ABERTAS

Información
04 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 311 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Os deportistas do Club Natación Arteixo fixeron unha competición moi destacada este venres en Sevilla, no Campionato de España de Augas Abertas que se celebrou no Río Guadalquivir. Voltan con dúas medallas e moi boas noticias de futuro.

Participaban tres nadadores, A máis moza do equipo, Paula Rodríguez, que se estreaba a este nivel, acadou o 10º posto Junior-1.

 

Paula Otero, de categoría senior, foi bronce na proba de 10K nunha espectacular e reñida chegada, loitando coas dúas españolas máis destacadas nesta distancia o segundo e terceiro postos, levándose o 3º a tan só unha brazada da segunda clasificada.

 

Mateo García, foi Campión de España en categoría Junior-2, posto que xunto coas marcas acadadas en piscina nas probas de 400 e de 5000 metros, fai que Mateo cumpra os criterios para participar no Campionato de Europa desta modalidade que se celebrerá do 11 ó 14 de xullo en Viena, Austria.

 

 

Bo nivel competitivo do Club arteixán en Sevilla, unha mostra máis do gran período competitivo que levan. Acércase a recta final da tempada e aínda teñen moitas citas importantes, entre elas a loita polo título da División de Honra da Liga Galega de Clubs e pouco despois a súa participación no Campionato de España Open con seis deportistas.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV