Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O GRUPO SOCIALISTA ESÍXELLE Á CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL QUE PIDA PERDÓN AOS GALEGOS E ÁS GALEGAS E RECTIFIQUE DE INMEDIATO

Información
19 Abril 2024 - Son Noticia - Correo electrónico - Imprimir - 353 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Carmen Rodríguez Dacosta reclámalle ao goberno galego que deixe de buscar culpables externos e mude o modelo de xestión forestal para centralo na prevención de incendios e un rural vivo e activo e reverta 15 anos de recortes nos equipos de loita contra o lume

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024. A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Dacosta, esixiulle hoxe á conselleira do Medio Rural que rectifique “de inmediato” e pida perdón aos galegos e galegas polas súas declaracións sinalando que os lumes son "probablemente intencionados e van no ADN de Galicia”. A responsable socialista sinalan que as declaracións constitúen unha “explicación inaceptable” por parte de quen é responsable da xestión forestal.

 

Sinala que a conselleira debe de pedirlles desculpas a tódolos galegos e galegas que se senten insultados por estas declaracións desafortunadas, e sinaladamente aos milleiros de persoas vítimas desta lacra. Lamenta unhas declaracións que “denotan resignación e acomodamento na situación actual” e provocan “fonda preocupación” por que asuma “con naturalidade” que Galicia vai seguir ardendo “como manifestación endóxena das cualidades irrenunciables dos galegos e das galegas”.

 

Esíxelle á conselleira que explique se realmente cre nas súas declaracións “incendiarias” e se “considera que non paga a pena pararse a considerar os conceptos de xestión forestal, prevención ou abandono do rural se a fin de contas os nosos montes se ven expostos antes ou despois a días en que non chova ou haxa vento desfavorable”.

 

Sinala que “mal empeza a conselleira” se asume a súa xestión con “resignación e desleixo”, como ten amosado, e reclámalle que “deixe de buscar culpables externos e se poña a traballar canto antes para mudar un modelo de xestión forestal que se ten demostrado fracasado”. Reclama un modelo centrado na prevención e na configuración dun rural vivo, activo e en produción, que controla a biomasa e mantén unha paisaxe resiliente ao lume.

 

Apunta que o éxito da agricultura e da gandería e os lugares e aldeas habitados é un factor fundamental na protección do monte, polo que “parar a sangría de peches de explotacións e abandono do rural é a mellor prevención para o monte galego, máis que forzar limpezas a golpe de multas ou presión aos maiores do rural”.

 

Esixiulle que pare cos 15 anos de recortes nos recursos dos servizos de prevención e extinción de incendios para establecer un modelo de loita contra o lume “único, profesional, formado e equipado” e superar o modelo fracasado de brigadas sen medios nin recursos.

 

Advertiu ademais que as declaracións da conselleira sinalando que non lle chegara petición algunha de ampliar a contratación dos brigadistas denota “total descoñecemento” das reivindicacións formuladas tanto polos traballadores como polos socialistas galegos no Parlamento de Galicia reiteradamente, e ás que o PP ten votado en contra.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV