Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Ocupan as instalacións da mina de San Finx como protesta polos vertidos con metais pesados

Información
21 Noviembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1295 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image
  • cid ii lp7h5r582Na nova acción de protesta, integrantes de colectivos do mar e activistas de Ecoloxistas en Acción despregaron unha enorme pancarta ao pé das balsas da mina co lema "Stop Impunidade Minaría".
  • Con esta acción demandan o fin da impunidade das verteduras con metais pesados causadas pola mineira de San Finx e a revogación da autorización que outorgou a Xunta o pasado mes de febrero.

Varias ducias de mariscadoras e mariscadores xunto con membros de Ecoloxistas en Acción e da plataforma comarcal contra as verteduras da mina de San Finx ocuparon durante a xornada do luns as instalacións da mina de San Finx, en Lousame, para esixir responsabilidades polos vertidos continuados con metais pesados. Durante a acción de protesta despregouse unha enorme pancarta de 40 metros de lonxitude demandando o fin da impunidade da mina, que nos últimos meses leva vertendo 50.000 litros por hora de augas contaminadas con cadmio, cobre e cinc.

Cofradías e ecoloxistas levan anos esixindo que se obrigue á empresa Tungsten San Finx a adoptar medidas para impedir os vertidos. Medidas como o selado das galerías de desaugue, así como a reinundación da mina para minimizar a formación de drenaxes ácidas, pero o desleixo da Xunta ven permitindo que se manteña a situación actual.

Por outra parte, na acción tamén se demandou a revogación inmediata da autorización de verteduras outorgada por Augas de Galicia o pasado xaneiro, e que implicaría o vertido de case 1.000 millóns de litros anuais de drenaxes de mina. “A empresa carece de capacidade técnica e solvencia económica para poñer en marcha unha actividade que poría en risco a millares de postos de traballo na ría de Muros e Noia, situada a apenas 7 km augas abaixo”, explican Joám Evans e Rogelio Santos, voceiros da plataforma comarcal.

Augas de Galicia xa constatou o pasado mes de agosto, logo das denuncias dos colectivos da plataforma comarcal contra as verteduras, que os niveis de cadmio xusto abaixo das balsas nas que se realizou a protesta superan 78 veces o valor máximo permitido pola lexislación. O mesmo sucede para outros metais pesados como o cobre ou o cinc, para os que se superan 48 veces e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

Pola súa parte, Cristóbal López, voceiro de Ecoloxistas en Acción, anunciou que desde a súa organización emprenderán novas accións penais por presuntos delitos de prevaricación, desta vez contra varios funcionarios e altos cargos da Consellería de Economía e Industria, logo de que a finais de 2020 actualizaran ilegalmente o plan de restauración sen o preceptivo trámite de información pública e excluíndo os principais pasivos ambientais da mina.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV