Denuncian á mineira de San Finx ante a Relatora Especial da ONU polo uso de denuncias abusivas e infundadas

Información
11 Septiembre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1958 votos
  • Tungsten San Finx interpón unha denuncia falsa contra Ecoloxistas en Acción nunha campaña de acoso xudicial buscando silenciar á organización.


  • A organización ecoloxista advirte que nin querelas nin outro tipo de ameazas arán que cesen as súas denuncias frente as ilegalidades da mina de Lousame.


Ecoloxistas en Acción ven de poñer en coñecemento da Relatora Especial das Nacións Unidas sobre a situación das persoas defensoras de dereitos humanos, a irlandesa Mary Lawlor, o uso sistemático de denuncias abusivas e infundadas por parte da empresa mineira de San Finx, Tungsten San Finx SL. Denuncias con afán intimidatorio contra as organizacións ecoloxistas e sociais que veñen denunciando a situación ilegal da explotación e os danos ambientais que causan as súas verteduras, a tan só 7 km da ría de Muros e Noia.


E é que Ecoloxistas en Acción volveu a ser obxecto dunha nova querela por parte da empresa, desta volta por un acto simbólico realizado o pasado 5 de xullo no que se taponou durante breves instantes o tubo a través do que a empresa realiza vertidos ilegais. Precisamente a raíz desta protesta e dos escritos remitidos a Augas de Galicia por ese colectivo e a Plataforma comarcal contra as verteduras, vense de iniciar un procedemento sancionador que podería carrexar unha sanción de ata 300.000 euros á empresa, logo de comprobarse que os niveis de cadmio no río a poucos metros do tubo taponado superan 78 veces o máximo legal permitido.


A raíz da nova denuncia falsa da empresa, que atribúe a Ecoloxistas en Acción un suposto delito de danos, o Xulgado de Instrución N.º 2 de Noia abriu dilixencias, sendo chamado a declarar como investigado o representante da organización. 

Para as ecoloxistas: “Isto non é máis do que unha tentativa desesperada da empresa de calarnos a través dunha acción xudicial contra a participación pública”, coñecidas como SLAPP en inglés, e que a Comisión Europea anunciou que perseguiría mediante a nova “Directiva SLAPP”.


É a segunda vez en menos dun ano que o grupo australiano presenta unha denuncia falsa contra Ecoloxistas en Acción, que xa fora denunciada en 2022 ante o Xulgado de Negreira baixo un pretexto similar, meses antes de que a Xunta declarara a caducidade das concesións mineiras e de que se iniciase un procedemento sancionador por verteduras ilegais contra a mina de Santa Comba. Daquela, o Xulgado arquivou a demanda de inmediato por carecer de fundamento.


Aínda que desde a organización ecoloxista confían que o resultado desta volta será idéntico, decidiron denunciar o caso ante a relatora especial da ONU por tratarse dun uso sistemático do acoso xudicial tentando criminalizar e coartar os movementos sociais para que non denuncien as ilegalidades cometidas polas empresas. 


Esperan deste xeito que a relatora, que ven denunciando este tipo de prácticas en todo o mundo, se dirixa ás autoridades xudiciais españolas para tomar medidas contra a empresa. En calquera caso, advirten que “ningún tipo de acción xudicial ou ameazas doutro tipo fará con que cese no seu traballo de denuncia das ilegalidades da mina de San Finx”.


Acoso xudicial continuado

A empresa da mina San Finx é ben coñecida por usar este tipo de estratexias de ataque xudicial, pois xa en 2017 denunciara a outras dúas organizacións ecoloxistas ante os Xulgados de Noia en situacións similares. Verdegaia fora denunciada por tomar fotografías de obras ilegais, que levaron a un procedemento sancionador en Augas de Galicia no que a empresa foi sancionada cunha multa de varios miles de euros e a obriga de botar abaixo as obras ilegais. No caso de ADEGA, o colectivo ecoloxista fora denunciado por tomar mostras de auga, que logo de analizadas demostraron o grado de contaminación con metais pesados. En ambos os dous casos, a Fiscalía pediu o arquivo das actuacións por tratarse de denuncias infundadas.


Como alertou o Comisario Europeo de Xustiza, este tipo de acoso xudicial é cada vez máis frecuente como arma para coartar os colectivos ecoloxistas. Fai poucos días, a propia Cámara Oficial Mineira de Galicia, que representa o sector, anunciaba que tamén iniciaría accións xudiciais contra Ecoloxistas en Acción, logo de cualificar como “asalto violento á súa sede” e “intimidación ás traballadoras” un acto pacífico de entrega de mostras de auga contaminada das minas de Touro e San Finx, organizado logo de que a corporación mineira afirmara publicamente que os vertidos eran inocuos.

social youtube xornalgalicia   feed-image

Videos más vistos hoy de Xornal Galicia Televisión

Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo
Vídeo

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV