Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de Atención á Drogodependencia

Información
08 Mayo 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 193 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Santiago de Compostela, 08 de maio de 2024. A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, urxiu hoxe á Xunta a liderar unha “reacción política” para combater o impacto da drogodependencia na sociedade galega. Castro presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para pedir olle á Xunta que asuma a xestión das Unidades de Atención á Drogodependencia e que reforce a partida destinada á loita contra o narcotráfico, pero que foi rexeitada polo PP.

Castro reclamáralle ao goberno galego que incrementara os recursos para poñer en marcha “mecanismos preventivos para transmitirlle á mocidade formación e información sobre os perigos e consecuencias do consumo de droga” nos . Reclamoulle á Xunta que mellore a colaboración institucional na loita contra o narcotráfico mediante a creación dunha mesa de traballo co goberno central.

 

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que cumpra coa moción presentada polo Grupo Socialista e aprobada en marzo de 2021 que lle reclamaba ao goberno galego un Plan galego de saúde mental e, entre outras cousas, que asumira as Unidades de Atención á Drogodependencia dependentes dos concellos para cumprir coa Lei xeral de Sanidade. Sen embargo, advertiu, 3 anos despois “aínda estamos esperando”.

 

Lamentou que o goberno galego estea a demostrar que “non ten ningunha vontade de asumir esta competencia”, e inicie urxentemente o proceso de xestión e financiamento íntegro destas unidades diante dos “incumprimentos unilaterais por parte da Xunta de Galicia”. Advertiu que o consumo de drogas é “un problema de saúde pública” que merece unha reacción integral, incidindo na sensibilización social sobre a súa importancia e tamén sobre os efectos do narcotráfico.

 

A responsable socialista alertou de que Galicia se ten convertido nun dos principais puntos de entrada de droga a Europa, provocando “unha gran onda expansiva” que deriva no repunte do consumo e da entrada de drogas. Urxiu ao goberno galego a reaccionar fronte a esta situación impulsando a colaboración institucional e reforzando as campañas de sensibilización fronte aos efectos nocivos do impacto da drogodependencia.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV