Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O SLG-CCLL solicita a inclusión da macrocelulosa Altri-Greenalia na orde do día do Consello Forestal

Información
16 Abril 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 354 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Resulta contraditorio que, en plena moratoria de plantación de eucaliptos até o 2025, a Xunta estea apoiando esta macrofábrica

Perda de SAU, destrución de biodiversidade, incremento de lumes forestais... Consecuencias do monocultivo intensivo


Compostela, 16 de Abril 2024. O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), a Organización Galega de Comunidades de Montes, Amigas da Terra e a Asociación Frouma veñen de solicitar a inclusión dun novo punto na orde do día do pleno do Consello Forestal de Galicia convocado para o vindeiro 26 de abril, co obxectivo de propiciar o debate sobre as implicacións da instalación dunha planta de celulosa, promovida pola portuguesa ALTRI e a galega Greenalia no concello de Palas de Rei (Lugo), sobre o tecido produtivo forestal galego e a cadea monte-industria.

Este órgano de carácter consultivo e de asesoramento da Administración autonómica en materia forestal constitúe a principal canle de participación da sociedade galega co fin de potenciar a xestión sustentable e fomentar o desenvolvemento do monte. Consideramos polo tanto imprescindible que se aborde no seu seo as repercusións da posible instalación desta macropasteira de celulosa vexetal a base de madeira de eucalipto, que viría a incrementar as problemáticas derivadas do seu monocultivo intensivo no noso país, tales como o risco de incendios forestais, a perda de biodiversidade, a destrución de masas de frondosas autóctonas e a degradación dos solos, polo que agardamos que a Xunta de Galicia non bloquee este debate e sexa aceptada a inclusión deste punto.

Ante a crecente alarma social, cómpre que o Consello Forestal de Galicia analice o antes posíbel o impacto da posible instalación desta industria sobre o modelo produtivo, a paisaxe, as masas autóctonas, e a compatibilidade da demanda de madeira de eucalipto co recollido no Plan Forestal de Galicia, os datos obtidos do Inventario Forestal Continuo de Galicia, a Extratexia para o Fomento da Xestión Activa das Frondosas e o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia, entre outras consideracións.

Dende o SLG-CCLL tamén queremos chamar a atención sobre o feito de que resulta contraditorio que a Xunta de Galicia promova un proxecto coma este, que demanda altas cantidades de madeira de eucalipto, mentres está vixente a moratoria introducida na Lei 11/2021 de recuperación dá terra agraria de Galicia, na que se prohiben as novas plantacións desta especie ata finais do ano 2025.

O motivo de introducir a moratoria foi precisamente a alta proliferación desta especie -provocada, entre outras industrias, pola alta demanda da fábrica de celulosa ENCE, que é dez veces máis pequena do que sería a de Greenfiber- e o intento de preservar áreas do interior de Galicia sen plantacións de eucalipto.

A día de hoxe xa se superaron as previsións de plantacións de eucalipto que figuraban inicialmente no Plan Forestal de Galicia para o ano 2030, de modo que a prohibición de novas plantacións enmárcase no sentido de evitar que o monocultivo de eucalipto exceda as proporcións previstas en relación con outras especies forestais.

Polo tanto, a aprobación deste proxecto iría no sentido totalmente contrario a esta formulación, sendo o elemento acelerador de novas plantacións de eucalipto en Galicia, aumentando a perda de superficie agraria útil, a destrución da biodiversidade dos bosques e o cambio de modelo productivo no ámbito forestal e o risco de sobreexplotación para os acuíferos e zonas húmidas.

Neste senso, como xa alertamos nas alegacións referidas aos prexuízos para a produción alimentar presentadas ao proxecto, Galiza é o territorio con menor Superficie Agraria Útil (SAU) de todo o Estado, só un 21%, fronte á media estatal do 45,8%. De feito, os concellos ameazados por Altri-Greenalia están xa a día de hoxe particularmente afectados pola diminución de SAU posto que o destino dunha alta porcentaxe das terras é a forestación, precisamente de xeito principal con eucaliptos.

Na Agolada a porcentaxe de superficie forestal é xa maioritaria ( 68,11%), presentando polo tanto o menor número de has. como superficies de cultivo e prado ( 25,88%) dos catro concellos. Palas de Rei tamén ten unha maioría de superficie forestal (53,67%) e tan só un 39,09 % de superficies de cultivo e prado. Santiso ten un 44,28 % de superficie forestal total e un 38,24 % de superficies de cultivo e prado. Melide ten un 45% de superficie forestal total e un 41,85% de superficies de cultivo e prado. Sería unha absoluta irresponsabilidade que a Administración alentara un proxecto que impactaría negativamente nas terras de cultivo localizadas nesta área: a día de hoxe, na contorna de 30km de afectación mínima desta industria hai máis de 5.000 granxas produtoras de alimentos.

Á vista deste escenario, é imperativo que o Consello Forestal de Galicia aborde na vindeira sesión do 26 de abril os riscos derivados do aumento de especies pirófilas -xa masivas na contorna da Ulloa-, que provocaría a aprobación desta macrocelulosa, así como a súa contradición ca moratoria actual.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV