Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Abre a convocatoria de participación na segunda edición da Residencia FICBUEU

Información
19 Abril 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 515 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio

Bueu. 15/04/2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu vén de anunciar a apertura da convocatoria para a segunda edición da Residencia FICBUEU, o seu programa de desenvolvemento de proxectos de guión de curtametraxe que terá lugar novamente este outono na Illa de Ons. 

En outubro de 2023 o certame bueuense estreou o seu novo proxecto para a promoción do formato curtametraxe, a Residencia FICBUEU. Logo de ter recibido un total de 122 propostas, catro delas foron seleccionadas para ser titorizadas pola guionista Isabel Peña e outras profesionais do audiovisual como Carmen Ávalos, Elena Neira ou Cormorán VFX. Alén de participar nunha semana enteira dedicada ao estudo e mellora dos seus guións, as e os residentes optaban ao premio á produción que outorgou a organización e que finalmente recaeu en “Sismes” de Jordi Sanz Angrill.

Pechada esta primeira edición, o FICBUEU aposta pola consolidación deste proxecto que se suma á xa ampla lista de actividades e iniciativas relacionadas co cinema que o equipo leva a cabo durante todo o ano. 

A II Residencia FICBUEU terá lugar na Illa de Ons do 16 ao 23 de outubro e contará novamente coa titorización por parte de recoñecidas profesionais do cinema cuxos nomes serán anunciados nos vinderos meses a través das canles do festival. “Arrincar este proxecto con Isabel Peña foi un auténtico luxo e aínda que é complicado a nosa idea é manter o nivel das e dos profesionais participantes, ofrecendo unha oportunidade única para as e os residentes” comenta a organización. 

A metodoloxía do programa contempla diferentes tipos de encontros para o traballo nos guións (titorías individuais e colectivas), así como formacións específicas noutros aspectos a ter en conta á hora de fortalecer os proxectos audiovisuais. Ademais, durante toda a semana serán levadas a cabo varias reunións de produción grazas ás que a organización poderá coñecer o avance e estado das proposta e escoller a premiada desta edición. 

Desde a dirección do FICBUEU, convidan a escoitar as entrevistas a residentes do ano pasado dispoñibles nas súas redes socias para coñecer as súas opinións e destacan que “Aínda coa moi boa experiencia que vivimos na estrea da residencia, nesta segunda edición tentamos mellorar o programa grazas ás suxestións das e dos residentes de xeito que os horarios de traballo estarán máis optimizados”.

Os requisitos para a participación poden consultarse aquí e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de maio. Será o equipo do FICBUEU xunto coa persoa encargada da titorización quen seleccione os catro proxectos finalistas.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV