Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Patricia Otero apunta que o goberno central non descarta a intervención da planta Alcoa tras o abandono da Xunta "PP".

Información
29 Enero 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 1705 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

patriciaalcoaPatricia Otero apunta que o goberno central non descarta a intervención da planta, pero pídelle antes á empresa que acredite a súa situación financeira e determine as necesidades para traballar na viabilidade

Santiago de Compostela, 29d e xaneiro de 2024. A parlamentaria socialista Patricia Otero reclamou hoxe “respectar a vontade dos traballadores” de Alcoa, que están a esixir o cumprimento dos acordos asinados en 2020 para reiniciar as cubas e garantir a continuidade dos postos de traballo. Así o dixo no debate da Deputación Permanente para pedir a comparecencia do presidente da Xunta, a quen lle reclamou que concrete as medidas da Xunta para garantir os postos de traballo.

A responsable socialista subliñou que os socialistas galegos “seguimos no que piden os traballadores, seguimos a respectar a súa vontade, e todos e todas debemos centrar os esforzos nese camiño neste momento”. Sinalou que “é o momento de que as administracións lle esixan a Alcoa que cumpra coas administracións e cos traballadores para garantir a reapertura da planta de aluminio de San Cibrao”.

Salientou a posición “coherente e responsable” do Ministerio de Industria, que lle está a reclamar á empresa que acredite a súa situación financeira e determine as necesidades para a planta, seguindo o seu “compromiso firme” para traballar pola continuidade da actividade nun sector estratéxico como o aluminio en España, Galicia e na Mariña.

Adiantou que “non se descarta ningunha medida, nin sequera a intervención da planta”, pero puntualizou que “neste momento estamos noutro escenario”, que é o de “respectar o que pediron e votaron os traballadores da planta, que non é outra que se cumpra o acordo”.

Otero reclamoulle ao PP que clarifique se están a seguir a liña do actual presidente da Xunta, chamando á unidade e evitar buscar rédito político, ou a da conselleira de Industria e da candidata do PP en Lugo Elena Candia, “galopando na primeira liña da demagoxia e do populismo”. Criticou que aproveiten a situación para “intentar sacar tallada”, chegando a acusar ao PSOE de “desmantelar” Alcoa.

Reclamoulle ao goberno galego que clarifique como está a cumprir coa súa parte do acordo para presionar á multinacional, e lembrou que están a agardar pola autorización para a ampliación da balsa de lodos vermellos que garanta a continuidade da planta de Alúmina. Lembrou que o PP que agora se abre á intervención da planta é o mesmo que privatizou a empresa, e reclamoulle a Rueda que clarifique se o seu suposto apoio a esta medida inclúe fondos propios da Xunta.

Afeoulle ademais ao BNG que desboten o acordo asinado polos traballadores e se limiten a pedir a intervención da planta pero sen clarificar se están a falar dun proceso temporal, dunha nacionalización ou nunha participación no capital da sociedade. Reclamou que “non quede nun eslógan” do BNG que mentres tanto “o único que fai é darlle un balón de osíxeno a quen quere o peche da factoría” e ademais “debilita” a posición dos traballadores..

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal