golpistadelaLIbertaddeInformacionMartiñoNoriegaLos alcaldes de la Marea están ATENTANDO contra la Libertad de Prensa en Galicia, censurando y bloqueando los derechos de ejercicio de la LIBERTDAD DE PRENMSA E IN FORMACIÖN PÜBLICA.

O Grupo Compostela de Universidades (CGU) iniciará o próximo mes de xullo a súa Escola Internacional de Verán, dedicada na primeira edición ao tema ‘Patrimonio cultural e Camiño de Santiago: protección e posta en valor’. No programa da I CGU International Summer School participan diversos expertos e profesores das universidades integrantes desta rede para profundar, entre os días 4 e 9, na protección do patrimonio asociado á ruta xacobea.

O alcalde de Santiago visitou onte pola tarde a sede da Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires, na súa terceira xornada na capital arxentina. Martiño Noriega estivo acompañado polo presidente da Federación, Francisco Lores, e por varios membros da directiva, nun percorrido no que puido coñecer o funcionamento da entidade, un dos motores culturais da comunidade galega en Bos Aires. O alcalde agradeceu "o recibimento á delegación compostelá, así como todo o traballo en prol de manter a comunidade galega e a súa identidade tamén nas xeracións mais novas". Noriega coñeceu tamén de primeira man o Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), así como a biblioteca vinculada á Federación. O MEGA ofrece unha mostra do patrimonio inmaterial e material da colectividade galega e conxuntamente coa biblioteca son espazos para o estudo e a aprendizaxe sobre a emigración.

Compostela foi protagonista na inauguración da 42ª Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que nesta edición ten á capital galega como cidade invitada de honra. O acto contou coa intervención do alcalde compostelán, que reivindicou que "Santiago é sinónimo de literatura e de libros". Xunto con Martiño Noriega, na inauguración da Feira participaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o vicexefe do Goberno de Bos Aires, Diego Santilli; o presidente da Fundación El Libro, Martín Gremmelspacher; e o escritor arxentino Alberto Manguel.

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, celebrarase o sábado 21 e maio ás 22:30 horas. Cando queda aínda un mes para a carreira, hai xa 300 persoas inscritas para participar. A carreira, sobre un novo circuíto lineal de 10 quilómetros, ten a saída en San Francisco e a chegada na praza do Obradoiro, e percorrerá a Alameda e as principais rúas do Casco Histórico. As inscricións poden facerse de dous modos distintos: cubrindo o formulario de inscrición que se atopa na paxina da carreira, www.santyago10k.es, e facendo o pago directamente on line, ou cubrindo o formulario pero facendo o pago presencialmente no Multiusos Fontes do Sar ou en Santa Isabel. Os socios destes dous complexos deportivos terán un prezo especial de catro euros se se inscriben presencialmente antes do 8 de maio.

O alcalde, Martiño Noriega, atópase xa en Bos Aires, onde mañá participará na inauguración da Feira do Libro, que este ano ten a Compostela como cidade invitada. A axenda oficial do rexedor comeza hoxe mesmo, cunha visita institucional ao goberno da capital arxentina, ás oito da tarde hora española (15.00 horas en Bos Aires). Martiño Noriega reuniráse co vicexefe do Goberno, Diego Santilli. Despois deste encontro, o alcalde compostelán visitará o Centro Galego en Bos Aires.

En el marco del proyecto SMARTYards, se han desarollado seis prototipos a modo de demostradores que se están validando en los astilleros del consorcio, entre los que se encuentra la empresa gallega Francisco Cardama.

O Goberno local vai levar previsiblemente ao Pleno ordinario deste mes de abril o proxecto de Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos da Administración do Concello de Santiago. O texto, que pasará mañá pola correspondente comisión informativa, ten como obxectivo adaptar ás especificidades de Compostela a Lei 19/2013, coñecida como Lei da Transparencia.

O alcalde e a concelleira de Acción Cultural presentaron hoxe as actividades organizadas polo Concello que se van desenvolver ao abeiro da Feira do Libro de Bos Aires, que conta con Santiago como cidade invitada nesta súa 42ª edición. Martiño Noriega e Branca Novoneyra viaxarán á capital arxentina para participar na inauguración do evento, o próximo mércores. O alcalde explicou que "o proceso polo que Compostela é a cidade invitada na Feira de Bos Aires foi lanzado pola Xunta de Galicia, que está levando o peso da organización. O Concello colabora cun espazo propio, e con actividades paralelas". Martiño Noriega salientou a importante oportunidade de promoción que supón esta cita, posto que "a Feira do Libro de Bos Aires recibe en cada edición máis de 1.200.000 visitas, e nela participan máis de 20 países e uns 500 expositores". Compostela é, ademais, "a terceira cidade en ser invitada, despois de Amsterdam e México DF, e antes de París, que terá esa honra na edición de 2017".

Compostela Colateral
Ademais de ser partícipe na programación deseñada pola Xunta, o Concello de Santiago organizou un ciclo paralelo que, baixo o nome de Compostela Colateral, achegarase á literatura galega actual dun xeito novidoso, a través de lecturas dramatizadas, performances e charlas nocturnas que se prolongarán durante tres semanas.

A concelleira de Acción Cultural explicou que para participar nestas actividades, o Concello sumou á delegación que viaxa a Bos Aires aos escritores Teresa Moure, Clara Gayo, Diego Ameixeiras e Antón Lopo. Os catro estarán no Club Cultural Matienzo, un espazo de referencia na capital arxentina dedicado á cultura independente.

Teresa Moure presentará o seu último libro, Ostrácia, cunha lectura performática; Clara Gayo fará unha intervención titulada O meu libro, o meu corpo, na que mestura a lectura dramatizada e o audiovisual; e Antón Lopo protagonizará Lampíricos, unha performance poética que busca "o contacto directo co espectador a través de preguntas sucesivas que crean unha atmosfera inquietante". Por último, o escritor Diego Ameixeiras manterá unha charla nocturna sobre novela negra co autor arxetino Kike Ferrari. Os dous falarán das "posibilidades de renovación dese xénero, que entenden como algo que vai máis alá do puro entretemento e pode servir para ser crítico coa realidade social que nos rodea".

Branca Novoneyra incidiu en que "Compostela Colateral parte do convencemento de que a literatura actual é necesariamente oral, e por iso se bota man de lecturas, performances e coloquios para relacionar a literatura independente que ten a súa base en Santiago con espazos culturais independentes de Bos Aires".

Mapa Literario
No marco do ciclo Compostela Colateral, a concelleira de Acción Cultural presentará o Mapa Literario de Santiago de Compostela, tanto no propio recinto da Feira do Libro como na Libraría Eterna Cadencia, unha das máis recoñecidas de Bos Aires. Branca Novoneyra sinalou que o mapa, unha idea orixinal do colectivo Compostela Literaria, "está pensado para os que saben que as palabras constrúen as cidades, e para os que queren descubrir Compostela a través da literatura".

A concelleira de Acción Cultural explicou que no mapa recóllense lugares vinculados a fragmentos literarios de 14 autores, algúns deles actuais como Suso de Toro, Teresa Moure ou Lupe Gómez, e outros que forman parte da historia da literatura como Rosalía de Castro, Otero Pedrayo ou Ramón María del Valle-Inclán. Outra das referencias é Federico García Lorca, "porque os escritores que nos visitaron tamén axudaron a construír a Compostela literaria".

O mapa está editado en papel en galego, castelán e inglés, pero o proxecto vai máis alá e é unha App para teléfonos móbiles, que por agora só está dispoñible en castelán. Nela tamén se pode acceder a unha guía de editoriais e librarías de especial relevancia en Compostela.

Axenda institucional e programación da Xunta
O alcalde aproveitará a viaxe a Bos Aires para manter diversos contactos institucionais. Así, antes da inauguración oficial da Feira está previsto que o rexedor realice unha visita institucional ao Goberno de Bos Aires, e outra ao Centro Galego de Bos Aires. Martiño Noriega tamén manterá unha audiencia co Embaixador de España en Bos Aires, visitará o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo, a sede da Federación de Sociedades Galegas e o Museo da Emigración. A axenda do alcalde na capital arxentina complétase coa súa participación no acto de celebración "Buenos Aires celebra Galicia", e cunha conferencia invitado pola Central de Traballadores Arxentinos.

Á marxe da programación propia do Concello, a participación de Compostela na Feira do Libro de Bos Aires traducirase en preto de 150 actividades, organizadas pola Xunta e nas que o Goberno local tamén puido facer as súas achegas. No programa figuran coloquios, presentacións de novos títulos, recitais, obradoiros, encontros con lectores ou exposicións, nos que terán un gran protagonismo a cidade de Santiago, o Camiño ou o Códice Calixtino.

A Bos Aires viaxarán 25 autores e autoras representativos dos diferentes ámbitos da escrita, e nalgúns casos moi vinculados á capital galega, como Manuel Rivas, Ramón Villares, María Meijide, Miguel Anxo Fernán-Vello ou Yolanda Castaño. Na delegación tamén participarán editoriais e empresas de distribución, que terán o seu espazo no stand de máis de 200 metros cadrados coordinado pola Xunta en colaboración co Concello e coa Asociación Galega de Editores

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...