A Deputación da Coruña achega 180.000 € para a organización de Fairway que se desenvolverá en Santiago dos días 10 ao 12 de febreiroA vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei, o deputado de Turismo e Patrimonio, Xosé Regueira e a concellleira de Turismo de Santiago, Marta Lois González participaron na sinatura do convenio polo que a Deputación achega 180.000 € para a organización do Fairway, o Forum Internacional do Camiño de Santiago, que se celebrará na capital galega dos días 10 ao 12 de febreiro.

A Deputación da Coruña financia o 80% do orzamento de Fairway, o proxecto inclúe a organización das diversas áreas do evento, desde o congreso, o workshop, o Fairway City, o Fairway Invest, o Press Trip- Fam Trip todo montado e xestionado por o Alcalde de Santiago Martinho Noriega acusado polo Concello de Teo de deixar sen seguro os coches do concello poñendo en risco aos funionarios

fotografia mobilizacionO PERSOAL DE INVESTIGACIÓN DA USC INICIARÁ MOBILIZACIÓNS E ACCIÓNS DE PROTESTA

ASÍ O ACORDARON EN ASEMBLEA EN RESPOSTA Á DISCRIMINACIÓN E DESPREZO QUE SOFREN POR PARTE DO EQUIPO DE GOBERNO

 

A Asemblea de Investigadoras de Compostela (AIC) acordou por unanimidade na súa última asemblea -celebrada o 29 de xaneiro- iniciar mobilizacións e diferentes accións de protesta. Decisión que nos obrigou a adoptar o actual Equipo de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, que segue facendo oídos xordos ás reiteradas peticións realizadas para tratar de solucionar a situación de discriminación e inxustiza que sofre o colectivo.

O que pedimos é que se poña fin á discriminación á que se vén sometendo a unha parte do persoal de investigación desde 2016, cando se lle empezou a pagar por debaixo do salario mínimo que fixa a normativa, e a quen tamén se lle negan as subidas salariais -que si ten o resto de persoal da USC- e se lle deixou de aboar a indemnización por extinción de contrato. Só pedimos que tódalas persoas que teñen a mesma categoría profesional teñan garantidas as mesmas condicións laborais mínimas que xa recolle a normativa da USC.

Así, por exemplo, para unha investigadora FPU/FPI a diferenza entre o que percibe (1.173,00 €/mes) e o que figura na táboa de salarios mínimos actualizada (1.244,91 €/mes) supera xa os 1.000 euros anuais. Dándose ademais por primeira vez a circunstancia de que un axudante de apoio á investigación percibe xa un salario mínimo (1.193,97 €/mes) superior ao das propias investigadoras destas convocatorias. Algo inaudito.

Información
Santiago

Ciudadanos solicita a Martinho Noriega que mejore el servicio de basura

Información
22 Enero 2019 480 votos

basuraabandonadaensantiago alcaldemartinhonoriega clonadoconxulioferreiroLa agrupación de Ciudadanos en la capital gallega ha presentado un escrito dirigido al Concejal de Medio Ambiente donde solicita mejoras en el servicio de recogida de basura de la ciudad


A xuntanza celebrouse nas instalacións da Cámara de Comercio. Foto: Vía Láctea

A Axencia Galega de Innovación vén de convocar as bases reguladoras para a selección de proxectos dixitais que se enmarquen dentro do plan estratéxico para a especialización intelixente de Galicia. Ao abeiro desta convocatoria, a USC, a Cámara de Comercio e a Área Empresarial do Tambre xuntan as súas fortalezas para demandar a implantación dun hub de innovación dixital na cidade de Santiago.

Xuntanza do Grupo de Traballo de Atención Primaria de Compostela 

Á reunión asistiron 45 membros do persoal facultativo da área sanitaria de Compostela; valoraron que a rebelión da Atención Primaria e dos servizos de urxencias e PACs  e o apoio social mostrado nas manifestacións de Vigo e Santiago, constitúe unha gran oportunidade para tentar modificar a política de recortes e desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego, que leva a cabo o actual goberno da Xunta de Galicia presidido por Núñez Feijoo.

Nin o anunciou de vaga de frío impediu que miles de composteláns se sumaran ás traballadoras e traballadores do servizo de Urxencias do Hospital Clínico, en folga desde o pasado día 12 de novembro, para reclamar os recursos humanos e medios materiais necesarios para a prestación dunha atención sanitaria digna.

Información
Santiago

2018, un ano coa meteoroloxía habitual de Compostela

Información
02 Enero 2019 457 votos

A pesar da importante seca sufrida entre o 8 de agosto e o 10 de outubro (cun total de 5,1 litros/m2 de precipitación), as fortes chuvias de finais de ano -con especial énfase no mes de novembro e na primeira metade de decembro- devolveron a Compostela a índices pluviométricos habituais. De feito, os 1.961,3 litros/m 2 de 2018 superaron a medía dos últimos 35 anos, situada en 1.800 l/m 2.

Información
Santiago

Emotiva homenaxe de Matemáticas ao profesorado que se xubila este ano

Información
16 Diciembre 2018 657 votos


Foto de grupo das persoas homenaxeadas con compañeiros e compañeiras do centro. Foto: Santi Alvite

A Facultade de Matemáticas acolleu este venres un emotivo acto de homenaxe aos seis compañeiros e compañeiras docentes que se xubilan o presente ano. En concreto, catro do Departamento de Matemáticas e dous do de Estatística, Análise matemática e Optimización.


Detalle do stand dedicado a México, país do que estudan na USC 112 estudantes.

A USC rexistrou neste semestre do curso 18-19 un total de 792 movementos de estudantes a nivel internacional entre todos os seus programas de mobilidade: Erasmus, Erasmus Mundus, convenios bilaterais ou extracomunitarios. A cifra aumentará ata aproximadamente mil estudantes, co alumnado que se estima se incorporará no segundo semestre. Os datos foron achegados na apertura da sétima edición do ‘International Day’, unha iniciativa a Vicerreitoría de Estudantes e Internacionalización da USC en colaboración coa Asociación Erasmus Compostela, que se celebrou hoxe na Facultade de Medicina.

lineaazul 1600

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600