Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O BNG AGRADECE A CONFIANZA DAS OURENSÁS E COMPROMETE UN TRABALLO INTENSO E RIGOROSO A PROL DESTA PARTE DO PAÍS

Información
21 Febrero 2024 - Ourense - Correo electrónico - Imprimir - 1714 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

rolda de prensa valoración galegas Ourense. Secundino Fernández Sonia Vidal Noa Presas Iago TabarésAs e os deputados elixidos o 18F compareceron para valorar un resultado histórico para o nacionalismo galego, que os consolida como segunda forza e alternativa ao Partido Popular.

 

Ourense 21/02/2024. Noa Presas, deputada e membro da Executiva Nacional, acompañada de Iago Tabarés, Sonia Vidal e Secundino Fernández, elixidos como deputados pola circunscrición de Ourense compareceron ante os medios para valorar uns resultados históricos para o nacionalismo galego en Galiza e en Ourense.

Noa Presas expresou o “recoñecemento e orgullo polo intenso traballo militante e das e dos candidatos” que puxeron en marcha unha campaña en positivo “de ideas e de propostas, unha campaña desde a verdade e os datos, tamén desde a ilusión e o orgullo de ser de Ourense e de ser Galegos, que xerou un enorme entusiasmo e na quefomos a única organización política que presentou un plan para Ourense.”

A nacionalista expresou “o noso agradecemento ás 43.758 persoas que en Ourense elixiron a papeleta do BNG, un incremento do 5.45%, de máis de 12.600 persoas respecto dos anteriores comicios autonómicos. Supón un aumento de apoio, a diferenza das outras dúas forzas políticas que estaban no arco parlamentario” ademais, engadiu “como veciña da cidade de Ourense, gustaríame referirme tamén aos resultados locais: Incrementamos votos e subimos tamén en porcentaxe, e malia a entrada en competición do partido da alcaldía, consolidamos a posición de segunda forza, por riba desta forza e acurtando a distancia co Partido Popular”.

Para a nacionalista isto revalida que “a sociedade ourensá valorou positivamente o traballo por Ourense feito polo BNG no Parlamento e polo Grupo municipal no concello”

Un BNG sen teito e cambio de ciclo en Galiza e Ourense

Presas recordou que “aumentamos e consolidamos a posición de alternativa ao Partido Popular e un de cada tres galegos escolleron a nosa papeleta, isto amosa que a capacidade de medre do BNG non tocou teito e que conseguimos mobilizar a moitas persoas desafectas coa política.

A todas esas persoas, non lles imos fallar. O BNG vai ser a forza que defenda cada día a Galiza mellor que unha maioría desexa para o noso país. Ademais, o peor resultado do PP é na provincia en que ten a deputación con maioría absoluta e iso é outro síntoma de que estamos ante un cambio de ciclo no que o BNG é a alternativa” afirmou a deputada.

Ademais sinalou que “Agradecidas pola confianza, imos cumprir no noso papel de líderes da oposición e alternativa ao Partido Popular e as e os ourensáns poden confiar en que imos estar á altura neste cambio de ciclo, cun traballo intenso desde as institucións e man a man coa sociedade. Estaremos á altura da confianza e do que Ourense precisa.”

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV