Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Xurxo Doval: “Feijóo pasou dun Dorado (Marcial) a outro (Amanecer)"

Información
09 Noviembre 2023 - Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 8379 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

WhatsApp Image 2023 11 09 at 12.22.35 0d0a3ea7O secretario xeral das Xuventudes Socialistas condenou os ataques e persecucións que está a vivir o PSOE, cualificándoos como “a pataleta de quen perde un xoguete”

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) deron hoxe unha rolda de prensa a raíz das recentes mobilizacións convocadas pola “dereita ultra e a ultra dereita” en contra dos acordos de Goberno do PSOE.
O secretario xeral das XSG, Xurxo Doval, condenou os ataques e persecucións que está a vivir o PSOE, calificándoos como “a pataleta de quen perde un xoguete” xa que segundo el é a “levan 40 anos sen entender que as regras de xogo cambiaron, e nunha democracia as institucións non lle pertencen a ninguén máis que ao pobo”.
O líder mozo indicou que “isto non vai de amnistía si ou non, isto vai de que non queren estar 4 anos máis na oposición porque España non se rompe, rompense eles cada vez que aprobamos máis dereitos e máis medidas sociais”. “Se non por que lle gritarían ‘maricones’ á policía, ou ‘moros’ aos migrantes de Ceuta e Melilla?” preguntábase o socialista
Dende a organización sinalan que “nunca ninguén nos dixo que ser socialistas fose tarea doada, por iso podemos saír ás rúas coa cabeza ben alta e con Orgullo, porque cada vez que España avanzaba, facíao co PSOE”.
Ademais, din estar “atónitos” ante o silencio cómplice do PP e das NNXX ante as ameazas contra a casa socialista nas redes sociais e nestas manifestacións. “Onte atacaron a sede de Ferrol, que teñen que dicir? Cando se alimenta o odio, pode virse de volta, e aí remata a democracia”.

Doval recalcou o feito de que “Feijóo pasou dun Dorado (o narcotraficante) a outro” en relación coa organización de ideoloxía Nazi e os simbolismos fascistas que se están a ver nas imaxes de estes días”.
Finalmente, o mozo socialista afirmou que “ a nós verannos nas rúas, si, pero defendendo a sanidade pública, a educación pública, a mellora de dereitos...a nós verannos defender verdadeiramente o país”.

ACORDOS BNG
Xurxo Doval aproveito para valorar positivamente o acordo acadado entre o PSdeG e o BNG, que considera como “a vontade política de Besteiro e do PSdeG de asentar as bases dun novo Goberno alternativo ao PP na Xunta”.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV