Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

BESTEIRO ABRE UNHA NOVA CANLE DE DIFUSIÓN DE WHATSAPP PARA AUMENTAR O CONTACTO DIRECTO COA CIDADANÍA

Información
28 Noviembre 2023 - Noticia Destacada de Galicia - Correo electrónico - Imprimir - 4935 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Besteiro Selfie 281123O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe a apertura da súa nova canle de Whatsapp. O responsable socialista anunciou a través dunha mensaxe en primeira persoa esta nova vía de comunicación coa cidadanía que incrementa a súa presenza nas principais redes sociais.

Besteiro explicou que esta canle de difusión de Whatsapp permitirá que os seus seguidores poidan manterse informados dun xeito directo e próximo sobre a súa actividade como deputado no Congreso e o seu labor como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.

Cunha mensaxe selfie de benvida, gravada polo propio Besteiro, pon en marcha este servizo de difusión que permitirá a toda a cidadanía interesada acceder a outro tipo de contidos mediante o enlace (https://whatsapp.com/channel/0029VaF2FCR3LdQKxCYiBz29) ou ben buscando a canle no directorio de WhatsApp do apartado “Novidades”.

Esta canle de vén completar os medios de difusión de novas e da actividade do candidato despois da boa acollida dos seus perfís nas redes sociais como Instagram, Facebook, X (antiga Twitter) e //www.tiktok.com/@gomezbesteiro">Tik Tok. Despois de tan só 8 meses de actividade pública dende a súa volta á política activa tras ser vítima dunha inxustiza xudicial, Besteiro xa dispón de contas oficiais cunha comunidade dixital de máis de 11.000 persoas e medrando a un ritmo elevado.

 

Estas cifras amosan o interese que suscita o candidato do PSdeG e que a cidadanía percibe os novos tempos que se abren na política galega.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV