Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Levan aos tribunais o parque eólico Banzas que afecta a Outes, Negreira e Mazaricos

Información
28 Agosto 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 1212 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

Xornal Galicia - O TSXG admite a suspensión dos permisos para construír o  parque eólico Monte Toural en Coristanco

Ecoloxistas en Acción demanda ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia o Parque Eólico Banzas que pretende instalar Green Capital Power nos concellos de Outes, Negreira y Mazaricos. Tras ter presentado no seu día alegacións e un recurso de alzada ante a Consellería de Economía e Industria, a organización ecoloxista impugnará agora a decisión  da Xunta presentando una demanda polo severo impacto paisaxístico, sobre o medio natural e acústico, dado que o ruido das turbinas ubicadas cerca das viviendas supondrá unha merma importante na saúde e na calidade de vida da población afectada.


Ademáis, a organización ecoloxista considera «un auténtico despropósito» que se aprobase este parque, dado que na mesma zona hai outros dez proxectos eólicos en tramitación (entre eles Maragouto, San Cosmeiro, O Vao, Vaqueira, A costa, Alvite, AlviteI I, Troitomil, Vilartoxo..) e dous en funcionamiento (Serra de Outes y Corzán). 


Ecoloxistas en Acción sinala que «esta concentración de aeroxeradores sumada ao resto de parques e ao impacto das acometidas de alta tensión para evacuar a enerxía eléctrica traería irreparables consecuencias ao ecosistema da zona». Destacan que non se realizaron estudos hidrolóxicos e hidroxeolóxicos nin evaluado os impactos sobre Red Natura 2000, a pesar das graves afeccións que carrexará a construcción do parque eólico as zonas húmidas de gran valor existentes na zona.


O colectivo ecoloxista considera que é requisito indispensabel analizar os efectos ocasionados polo parque eólico Banzas de xeito individual, pero tamén de xeito acumulativo tendo en conta o resto de instalacións existentes ou proxectadas, dado que os principais efectos sinérxicos non só se poden desenvolver sobre a paisaxe e a avifauna, como indica a empresa promotora, senon tamén sobre a población dos núcleos directamente afectados. 


O ruido, a afectación ás traídas de auga veciñais ou a depreciación das propiedades que quedan dentro dunha poligonal sobredimensionada, son algunhas das cuestións que mais inquedan ás comunidades afectadas.


REXEITAMENTO UNÁNIME DA POBOACIÓN


Tanto Ecoloxistas en Acción como as organizacións veciñais afectadas estanse a preparar para emprender unha nova batalla legal apelando a «conservar a naturalidade» do entorno rural afectado polo parque eólico Banzas. 


"Esta construción podería supor un cambio importantísimo na  paisaxe, que se vería afectada de forma radical ademáis do resto de afeccións mais que severas a este enclave tan próximo a zonas protexidas", denuncia Roberto Vilela voceiro de Ecoloxistas en Acción.


A organización ecoloxista ven realizando nos dous últimos anos unha intensa campaña para a documentación e catalogación de obras húmidas en Galicia, xa que moitos destes humidais están ameazados sobre todo pola proliferación de parques eólicos e plantacións ilegales de eucaliptos. Como parte desta campaña, Ecoloxistas en Acción está elaborando informes sobre humidais afectados por novos proxectos eólicos, como no caso do parque de Banzas.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV