Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Ecoloxistas en Acción denuncia ao PP ante a UNESCO no impacto negativo do parque eólico Picato sobre o patrimonio cultural de Lugo e prepara accións xudiciais contra a autorización do proxecto

Información
06 Febrero 2023 - Eólicas - Correo electrónico - Imprimir - 5016 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A entidade insta ao Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) a actuar en defensa de elementos catalogados de Patrimonio da Humanidade como son o Camiño de Santiago e a muralla romana, directamente afectados polo plan enerxético de Naturgy.


Neste senso considera que o ICOMOS, como organización internacional vinculada coa UNESCO e adicada a promover a conservación, protección, uso e mellora do patrimonio cultural a nivel global ten que tomar cartas no asunto, dado que o proxecto do parque eólico Picato, de sair adiante, provocará unha afección inasumible sobre Lugo e a súa contorna xa que pola súa proximidade as liñas de aeroxeradores serán claramente visibles dende a cidade e a súa muralla romana, afectando ademáis ao Camiño Primitivo de Santiago.Ecoloxistas en Acción Galiza recorda que aínda que o parque eólico Picato, como afirma a promotora, poda xerar un efecto en canto a descarbonización, terá un impacto negativo moito maior sobre o valor patrimonial da paisaxe e os bens históricos que afecta, non sendo posible un efecto de mitigación polas inxentes dimensións dos aeroxeradores, que con 150 metros serán visibles dende toda a contorna urbana e rural luguesa.AFECTACIÓN SOBRE A RESERVA DA BIOSFERA "TERRAS DO MIÑO"Doutra banda, e como figura na documentación enviada ao ICOMOS por Ecoloxistas en Acción, o proxecto eólico inclúese por completo dentro da área de protección da zona núcleo da Reserva da Biosfera das Terras do Miño, afectándoa de maneira significativa tanto polas obras de cimentacións dos aeroxeradores como pola apertura de viais e gabias de cableado, algo incompatible cos obxectivos de preservación da mesma. Tanto o artigo 80 da Lei 5/2019, do patrimonio cultural e da biodiversidade de Galicia e o artigo 32 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico a nivel autonómico, mostran que os obxectivos da Rede Natura 2000 e as zonas núcleo das reservas da biosfera son similares, polo cal debe asumirse a existencia dunha incompatibilidade manifesta coa instalación de parques eólicos cando se poña en xogo a preservación destas zonas núcleo, como é o caso do parque eólico Picato, en aras de manter os obxectivos polos que se estableceron, como son garantir a preservación da diversidade biolóxica e os ecosistemas.Cómpre recordar, ademáis, que existe un forte impacto negativo sobre a biodiversidade porque o proxecto de Naturgy pretende desenvolverse nunha área prioritaria para a avifauna que conta coa presenza, entre outras, da tartaraña cincenta (Cyrcus pygargus), unha especie considerada vulnerable polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Hoxe en día a comunidade científica recoñece que a desaparición de parellas desta especie está en relación directa coa implantación descontrolada de aeroxeradores, feito que a está a poñer ao bordo da extinción.RECURSO XUDICIAL CONTRA A AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA AO PARQUE EÓLICO PICATOFinalmente a entidade fai constar que logo do rexeitamento da Xunta de Galicia ao recurso de reposición presentado por Ecoloxistas en Acción e outros dez colectivos o pasado 16 de xaneiro contra a autorización administrativa do proxecto, actuará por todas as vías legais ao seu alcance para acadar a paralización dun parque eólico que considera ilegal, invasivo e claramente lesivo para os intereses de Lugo, a súa bisbarra e a súa poboación.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV