Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

BESTEIRO PREVÉ SORPRESA NAS ELECCIÓNS GALEGAS COMO CON SALVADOR ILLA EN CATALUÑA

Información
10 Febrero 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 1367 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

 

BESTEIRO ELIXIDO PRESIDENTE DA COMISIÓN DE TRANSPORTES DO CONGRESO DOS  DEPUTADOS - Xornal Galicia ExclusivoPide o voto para rematar con 15 anos de resignación e confiar nel "como o presidente de todos os galegos e galegas e non só duns poucos".

O Partido Socialista sacará á sanidade galega da maior crise que padece en 20 anos, como fixo o ministro Illa na pandemia ou o presidente Touriño.

"Ofrezco máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país", resume, como por exemplo a gratuidade total da AP9.

Galicia Noticias
Radio Noticias Xornal Galicia ecualizador musica 

Pontevedra, 09 de febreiro de 2024. O candidato do Partido Socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, prevé "sorpresa nas eleccións autonómicas como ocorreu con Salvador Illa en Cataluña". Illa pasou de ser un candidato descoñecido a facer dos socialistas o partido máis votado nas últimas autonómicas.

Besteiro pide o voto para rematar con 15 anos de resignación e confiar nel "como o presidente de todos os galegos e galegas e non só duns poucos". Hoxe acompañouse do ex ministro de Sanidade e primer secretari do PSC nunha xornada que comezou cun acto con colectivos sanitarios en Ourense e rematou nun mitin en Pontevedra.

Ofreceu "máis emprego, máis dereitos e máis ambición de país", e puxo como exemplo a gratuidade total da AP9, que forma parte do seu programa electoral.

Sanidade na UCI

Pediu a confianza da cidadanía para rematar con “15 anos de recortes e desmantelamento” da sanidade pública e que “nunca máis volva haber enfermos ateigados nos corredores de Urxencias” agardando a ser atendidos como consecuencia do “maltrato” do PP aos servizos públicos.

Cualificou de “inasumible e inhumano” que os galegos e galegas teñan que agardar dúas semanas a ser atendidos polo médico de cabeceira só porque Rueda “non poda e non queira” contratar profesionais en condicións.

Besteiro animou aos asistentes a pedir cita no médico de cabeceira “neste mesmo instante” para comprobar como teñen unha data “inasumible”, e explicou que “a enfermidade non coñece de esperas”.

O candidato socialista puxo ao ex ministro de Sanidade e actual primer secretari do PSC, Salvador Illa, como exemplo de xestión durante a pandemia, e chamou a sacar á sanidade galega da “maior crise en 20 anos” co obxectivo de recuperar a calidade do servizo que deixara o socialista Pérez Touriño en 2009.

Anunciou un plan de choque para a sanidade que garanta cita no médico de cabeceira en 48 horas, implantar o servizo de Saúde Mental na Atención Primaria e devolverlle o servizo de Pediatra a 122 concellos galegos que hoxe carecen del

Rueda non mira por Pontevedra

O candidato socialista lembrou que o candidato do PP, o “desaparecido Rueda non mira por Pontevedra". Así o dixo logo de lembrar que "Pontevedra é a provincia máis castigada polo goberno galego ao ser a que menos investimento recibe por habitante por parte da Xunta, que o único balance que pode ofrecer é unha lista eterna de investimentos e promesas incumpridas”.

Advertiu que nas próximas eleccións os pontevedreses e pontevedresas deben escoller entre “un presidente socialista que crea en Pontevedra” ou “seguir arrastrando as débedas de Rueda”. Citou a dragaxe do Lérez, o atraso no Montecelo, a precariedade dos equipamentos educativos, a falla de vivenda pública ou a falla de chan industrial e de infraestruturas, e sinalou que “Pontevedra non ten por que seguir sufrindo a incapacidade de Rueda e Feijóo”.

Criticou que Rueda estea “agochado” e sen presentarse aos debates electorais, igual que “agocha o seu carné de pontevedrés” ao castigar á provincia e á cidade, fronte ao goberno socialista que dende o Estado comprometeu máis de 31 millóns de euros para a cidade dentro do Plan de Recuperación que o PP “torpedeou”.

Xestión socialista

Reivindicou que os socialistas “desbloqueamos proxectos históricos, como o Nó de Bombeiros ou o paseo a Marín”, ademais de apostar por unha Pontevedra “máis verde e sostible”. Reivindicou o investimento de 25 millóns de euros para a estratexia “Pontevedra Flúe”, que vai recuperar o litoral do Lérez, a xunqueira da Gándara e Alba e o río Rons, que foi conseguido grazas ao liderado dos socialistas de Pontevedra, con Iván Puentes á cabeza.

Besteiro interveu no mitin de hoxe que abriu a candidata número 3 ao Parlamento, a pontevedresa Paloma Castro, continuou coa cabeza de lista pola provincia, Elena Espinosa, e o ex ministro de Sanidade Salvador Illa.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal