Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

BESTEIRO ASUMIRÁ A INTEGRACIÓN PLENA NO SERGAS DE TODA A REDE ASISTENCIAL DE CONDUTAS ADICTIVAS E DOS SEUS PROFESIONAIS

Información
27 Enero 2024 - En Portada - Correo electrónico - Imprimir - 1427 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

besteirocoruna sergas

O candidato socialista á Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anuncia a aprobación dun Plan Galego que ampliará a loita contra novas adiccións, como as redes sociais, que medran entre a xente moza

Acusa a Rueda de deixación das súas competencias, mentres os concellos galegos “cargan” con estas funcións sen recursos suficientes

A Coruña, 26 de xaneiro de 2024.- O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Sánchez Besteiro, anunciou hoxe na Coruña que cando chegue ao Goberno “asumirá a integración plena no SERGAS (Servizo Galego de Saúde) de toda a rede asistencial de condutas aditivas. Unha integración que tamén incluirá aos profesionais que traballan nestes centros”.

Actualmente a rede asistencial de prevención e atención ás condutas adictivas, aínda que depende do SERGAS na maioría dos casos está financiada polos concellos malia que non teñen competencias neste campo. O mesmo caos trasládase aos traballadores que están contratados por diferentes administracións e organizacións. Unha situación que deteriora a calidade dos servizos e afunde as arcas municipais e que Besteiro comprometeuse a cambiar.

“Rueda limítase a dar catro millóns anuais para todos os centros de Galicia. Cifra que é necesario incrementar, especialmente para a contratación de especialistas en saúde mental”, explicou Besteiro que esta mañá visitou ás instalacións Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (ACLAD) na Coruña.

Besteiro pediulle a Rueda que lembre que en 2021 aprobouse por unanimidade no Parlamento galego unha moción do PSdeG para a incorporación no SERGAS dos profesionais e servizos sanitarios de saúde mental destes centros, compromiso que se ratificou en 2023, tamén por iniciativa socialista, sen que Rueda fixera nada. Nos últimos orzamentos xerais, os socialistas pediron un incremento de 15 millóns de euros para poder atender esta demanda que foi rexeitada polo PP.

Urxe un novo Plan Galego

“Os socialistas tomámonos moi en serio as novas adicións que afectan aos mozos, como son as redes sociais. Os ansiolíticos non poden ser a única resposta a este grave problema. Urxe un novo Plan Galego contra as condutas adictivas con máis profesionais e recursos”, dixo. Besteiro manifestou que o novo Plan Galego ampliará o rango de acción contra as condutas aditivas que antes non existían e que están a medrar notablemente entre os máis mozos. “Esta é a poboación máis vulnerable e precisa de atención, e campañas de prevención, educación e incluso de formación específica para os profesionais de saúde mental” afirmou.

“Nestes 15 anos o PP e Rueda limitáronse a mirar para outro lado, foron incapaces de facer nada. A Xunta non se fixo cargo de ningunha destas entidades”, denunciou o candidato dos socialistas galegos á Presidencia da Xunta.

Besteiro estivo acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e outros candidatos socialistas, entre eles, Julio Torrado actual voceiro de Sanidade no Parlamento de Galicia, que mantiveron unha xuntanza coa presidenta e o director de ACLAD, Rosa Barreiro e Miguel Plaza. Segundo os últimos datos da asociación (2022) ACLAD fixo 72.000 intervencións, case 6.000 revisións psiquiátricas, recibiu case mil novas persoas con problemas, ademais de realizar intervencións e seguimento psicolóxico, apoio xudicial, etc. Todo cun cadro de persoal composto por 36 persoas (entre persoal sanitario, social e administrativo).

Imaxes no flickr do PSdeG

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores