Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O SLG denuncia a rotura dunha balsa mineira de Erimsa no río Tambre

Información
05 Abril 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2443 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Frades4Hai menos de dúas semanas, o pasado 22 de marzo, celebrabamos o Día Mundial da Auga. E hoxe, 4 de abril, vimos de denunciar, unha vez máis, danos contra o noso medio natural. Onte persoal do Sindicato Labrego Galego puxo en coñecemento no 112 Axencia Galega de Emerxencias de Galicia, a existencia un vertido sobre o Río Gaiteiro e o Maruzo que verte no Tambre.

Este produciuse pola rotura dunha balsa mineira no Concello de Frades, propiedade da empresa mineira Explotación de Rocas Industriales y Minerales S.A (Erimsa).

A raíz de dita denuncia, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias procedeu a informar aos concellos de Frades, O Pino, Oroso, Santiago, Trazo, Val do Dubra, Ames, A Baña, Negreira, Brión, Noia e Outes, que realizan captacións de auga no río Tambre afectado por ditos vertidos para que teñan constancia dos feitos e tomen as medidas preventivas e de control necesaria. 

A denuncia

No SLG vimos de denunciar os feitos na Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade Augas de Galicia, na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía e na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda por se fosen constitutivos de delito contra o medio ambiente e os recursos naturais, así como de infraccións administrativas atendendo ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico e outra normativa de aplicación, solicitando que se investiguen as actuacións denunciadas, contribuíndo ao esclarecemento das mesmas e ao mantemento e restablecemento da legalidade. Ademais de todo isto, tamén se ve afectada a Rede Natura.

Actividade mineira ilegal en Frades

Non é a primeira vez que o Sindicato Labrego Galego denuncia actuacións ilegais vinculadas con esta empresa. No ano 2017 presentouse diante da Fiscalía unha denuncia contra esta empresa por levar a cabo actividades mineiras no concello de Frades sen que consten as licenzas preceptivas para poder levalas a cabo. Os feitos denunciados remóntanse ao outono de 2017, cando Erimsa fixo traballos extractivos dende o 27 de outubro na parcela 502, polígono 572, na parroquia fradense de Abellá.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV