Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

O PP non ten proxecto de país máis aló de manterse no poder para desmantelar a sanidade e facer negocio co público

Información
30 Diciembre 2022 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2449 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A un día de noitevella, Podemos Galicia realizou un balance sobre as políticas da Xunta de Galicia ao longo de 2022, un ano onde Galicia cambiou de presidente pero a axenda seguiu marcada dende Madrid por Feijóo. 

“Rueda fala de estabilidade e nós coincidimos debido a que houbo cambio de presidente, pero quen segue a marcar a axenda da Xunta é Feijóo. Esa é toda a estabilidade que ofrece o PPdeG”, expón a formación. O ano 2022 foi o ano do colapso da sanidade. Galicia é a comunidade que menos crece, a cuarta coa taxa de inflación máis alta, a cuarta que menos inviste en sanidade e a segunda en Atención Primaria. O coordinador nacional de Podemos Galicia, Borja San Ramón, alega que “O PP non ten proxecto de país máis aló de manterse no poder para desmantelar a sanidade e facer negocio co público”. 

Mentres que no Goberno central despregáronse políticas sociais, o PP de Rueda actuaba en contra, por exemplo, coa Lei de Costas ou coa supresión da tarxeta básica. Galicia atópase á cola en investimento en benestar social. No seu lugar, a Xunta preferiu crear políticas fiscais para favorecer aos ricos, como coa bonificación do 50% do imposto do patrimonio. 

2022 tamén foi o ano dos maiores incendios da historia. A Xunta demostrou que segue optando pola extinción antes que a prevención e que chega tarde na loita contra os lumes. “As políticas ambientais seguen sen formar parte dos plans do PP, non nos sorprende. O problema é que vemos as consecuencias da súa incompetencia e falta de sensibilidade nos nosos montes. Sáltanse as normas europeas por non protexer zonas naturais e facilitan o asentamento de empresas en zonas públicas que arrasan coa paisaxe”. 

Podemos Galicia celebra as medidas encabezadas polo Goberno de coalición ao longo deste ano: o tope dos alugueres e prórroga dos contratos, a subida do salario mínimo interprofesional, a ampliación do ingreso mínimo vital, as rebaixas ao transporte público, a Lei de Familias, a Lei do Aborto, a Lei de Memoria Democrática, o cheque de 200€ para as familias e moitas más, que demostran que si se poden facer políticas innovadoras que melloran a vida das persoas.

“En 2023 ábrense ciclos electorais e é momento de cambio. Galicia non necesita máis PPdeG, necesita sanidade pública e educación pública. Transporte público, alugueiros regulados, vellez digna, montes coidados, oportunidades para a mocidade. Queremos todo iso e vémolo posible. Feijóo decepcionou en Madrid porque a súa política xa era decepcionante previamente. E esta aínda segue instaurada en Galicia. As cousas pódense cambiar”, sostén San Ramón.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV