Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Agradecen a Rodrigo Sorogoyen o seu apoio na gala dos Goya ás comunidades afectadas polos parques eólicos en Galicia

Información
13 Febrero 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 2969 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

Xornal Galicia Hemeroteca - FALSO XACOBEO 21-22. Malos vientos contra el  Camino de Santiago, Feijóo y otros políticos dan el PELOTAZO EÓLICO en todo  el camino Francés bajo FAKE NEWS de lasDous informes técnicos encargados por Ecoloxistas en Acción Galiza enviados á Administración autonómica inciden na importancia de rexeitar os proxectos Campo das Rosas, Porto Vidros e Touriñán III-2 entre os municipios pontevedreses da Estrada, Cuntis e Campo Lameiro e instan a anular as súas respectivas declaracións de impacto ambiental promovidos respectivamente nos dous primeiros casos por Naturgy e no terceiro por parte da enerxética Greenalia.

Os proxectos afectan a zonas de máxima sensibilidade ambiental, xa que nunha porcentaxe significativa aséntanse sobre hábitats prioritarios ou de interés comunitario, sobre humedais e paraxes higrófilas con afección severa aos leitos da área de actuación, ás veigas dos ríos e vales fluviais, a zonas protexidas de augas potables, a zonas sensibles de captación de augas e a masas de augas soterradas que se solapan coa Rede Natura 2000 afectando á necesaria coherencia desta e a súa conectividade ecolóxica.

DESCONTEXTUALIZACIÓN DA "RAPA DAS BESTAS"Doutra banda cómpre recordar que estes proxectos desvirtúan a funcionalidade das áreas de especial interés paisaxístico de forma irreversible, afectando ao hábitat natural dos cabalos salvaxes dos montes de Sabucedo e descontextualizando a Festa de Interés Turístico Nacional da Rapa das Bestas, algo incompatible coa presión eólica fomentada por Naturgy e Greenalia e que entra directamente en conflito co expediente promovido dende o Concello da Estrada para que como actividade anual de carácter ancestral sexa declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

GRAVE AFECTACIÓN PATRIMONIAL

Ademáis Os proxectos industriais eólicos afectan de forma severa á AEIP 08.10 “Área  Arqueolóxica de Campo Lameiro”, coincidente en gran parte co BIC e xacemento arqueolóxico “Área de gravados rupestres de Paredes- Praderrei”, nas proximidades dos proxectos eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros, producindo a descontextualización do patrimonio cultural e a xeración de Feísmo paisaxístico.

IMPACTO SOBRE A BIODIVERSIDADE Os proxectos afectan a diversas especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción. Por outra parte ten unha afección severa e irreversible para a herpetofauna e importantes comunidades de briófitas.

DIRECTRICES ENERXÉTICAS EXCEDIDAS A NIVEL GALEGO

As Directrices Enerxéticas 2018-2020 de Galicia expoñen para a enerxía eólica unha potencia instalada en 2030 de 4.122 MW, sendo a finais de 2019 a potencia instalada de 3.986 MW. En setembro de 2022 esta potencia está amplamente superada, polo que o proxecto só se xustifica desde un punto de vista especulativo e de fomento do lucrativo negocio privado a costa de bens públicos fundamentais para as comunidades afectadas.

De feito Galicia supera en 2020 os obxetivos marcados en renovables pola UE para 2030 cunha porcentaxe sobre o consumo final bruto do 46% Renovables que xa representaron o 107% da demanda eléctrica.

AGRADECEMENTO ESPECIAL A RODRIGO SOROGOYEN

Finalmente, Ecoloxistas en Acción desexa facer constar o seu máis sinceiro agradecemento ao director de cine Rodrigo Sorogoyen pola súa valentía e o seu apoio sinceiro e desinteresado na gala dos premios Goya ás comunidades afectadas polos parques eólicos.

Un apoio que sen dúbida vai máis alá dos montes de Sabucedo que el menciona, e que a nivel galego fala de que son ducias de plataformas veciñais e moitos miles de persoas as que por todo o territorio están dando a cara fronte a un modelo depredador e amoral implantado pola Xunta que só beneficia ás grandes corporacións enerxéticas e vai contra o interese xeral da poboación no ámbito rural galego.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV