Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

Actitude Río: Puro marketing

Información
20 Octubre 2023 - Hoy es noticia - Correo electrónico - Imprimir - 1073 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

A industria láctea galega con máis volume de recollida baixa prezos ás granxas utilizando o leite como produto reclamo

Leite Río utiliza ás gandeiras nas súas estratexias publicitarias ao tempo que é cómplice do acelerado peche de granxas na Galiza

Lugo, 20 de Outubro 2023. Hoxe finaliza o foro “Ganaderas con actitud Río” do Grupo Lence, no medio de baixadas do prezo do leite ás granxas por parte desta industria láctea, é dicir, acompañado por unha desvalorización do traballo realizado polas propias gandeiras e gandeiros que producimos leite no noso país.

Río, a primeira empresa galega en volume de recollida cun total de 280.000 toneladas, é perfectamente consciente de que a súa estratexia de mercado marca tendencia ao resto de industrias, polo que canda as súas ofertas á baixa chegarán tamén as das demais industrias lácteas.

Como industria láctea galega, que ademais só poderá seguir existindo como tal na medida na que na Galiza siga habendo persoas produtoras, o seu comportamento pode ser cualificado, canto menos, de irresponsábel. Como empresa, a tenor da súa recente estratexia publicitaria «Actitud Río: puro coraje» -na que se enmarca o devandito foro-, a súa imaxe e comunicación externa ben pode se cualificada hipócrita, salvo que a coraxe á que se refiren sexa a necesaria para lidiar con industrias como Leite Lence.

O Grupo Leite Río está a executar un política agresiva de prezos, nun contexto no que os insumos e custos de produción seguen sendo moi altos, e sen que se aprecie un descenso significativo do prezo de venda ás persoas consumidoras nin haxa xustificación en relación a outros mercados, como o europeo. Esta estratexia responde ao seu interese por abaratar o envasado para a súa marca branca, redundando na utilización dos produtos lácteos como reclamo na grande distribución.

Esta falta de compromiso co sector é moi rechamante, impedindo unha remuneración xusta para as persoas produtoras ao tempo que a propia Carmen Lence, nas súas manifestacións públicas, non só alardea do papel que as mulleres gandeiras representan para o futuro do medio rural, senón que mesmo fai apenas uns meses declarou que o prezo do leite debería percibir subidas, se ben logo Leite Río foi unha das empresas que levou ao descenso de 10ct./l. de media no prezo do leite dende xaneiro até agora.

Galiza produce neste momento aproximadamente 2,98 millóns de litros de leite, e conta co 56% das granxas a nivel estatal. Sen embargo, malia ser o galego o sector máis forte a nivel produtivo, en 4 anos perdemos 1.710 granxas, máis do 21%, ficando neste momento pouco máis de 6.000.

Nesta devastadora desaparición continua de granxas lácteas, e polo tanto na eliminación desas gandeiras e gandeiros que Leite Río utiliza para as súas campañas publicitarias, atópanse estas estratexias empresariais que desvalorizan o noso traballo a través das continuas baixadas do prezo do leite. Dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas queremos salientar a nosa crítica a estas estratexias de mercadotecnia, hipócritas e irresponsábeis, cas que precisamente as industrias cómplices do peche das nosas granxas utilízannos para pretender lavar a súa imaxe.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV