Es Noticia | #Rueda |  Paloma  |  TuñasTuñas  |  Sibucu 360 |   Mascarillas  |  Tapabocas  |  Acoso  |  Casa Bailly  |   Trama Norte   |  Asesora | Mar Sánchez

OS SOCIALISTAS GALEGOS APOIAN QUE A COMISIÓN DE PETICIÓNS DO PARLAMENTO EUROPEO ANALICE A IMPLANTACIÓN DE ALTRI NA ULLOA

Información
16 Abril 2024 - Agenda - Correo electrónico - Imprimir - 653 votos
social youtube xornalgalicia   feed-image

O eurodeputado galego Nicolás González Casares reuniuse en Bruxelas con representantes da Plataforma Ulloa Viva e garantiulles que defenderá que Europa estude os pormenores do proxecto

Subliñou que a Xunta deberá realizar unha avaliación ambiental exhaustiva do proxecto da empresa, que contén notables diferenzas respecto ao que se anunciou inicialmente

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares garantiulle á Plataforma Ulloa Viva o seu apoio para que a Comisión de Peticións do Parlamento Europeo estude as implicacións do proxecto de implantación industrial de Altri na comarca.

 

Así llelo trasladou este mediodía en Bruxelas aos membros do colectivo nunha reunión na capital comunitaria, na que remarcou que previa a calquera posibilidade de concesión de axudas a cargo de fondos comunitarios, a Xunta de Galicia deberá realizar unha avaliación ambiental exhaustiva do proxecto da empresa, un proxecto que pouco ten que ver co inicialmente anunciado polo Goberno galego nin na súa actividade principal, nin nas súas dimensións en canto a investimentos ou empregos asociados.

 

“Só se o proxecto presentado supera a avaliación ambiental estará en condicións de avanzar á seguinte fase de estudo de posibles axudas públicas”, afirmou o eurodeputado, quen salientou que, chegado ese caso, os socialistas serán absolutamente “escrupulosos” na análise da proposta de concesión desas axudas.

 

Casares incidiu unha vez máis en que para obter financiamento comunitario, o proxecto de Altri deberá amosar a súa compatibilidade coas normas da taxonomía e o principio de non ter un impacto ambiental significativo. “Se hai unha proposta para conceder axudas comunitarias, estaremos vixiantes para que esta cumpra os principios comunitarios de respecto ambiental. Non obstante, agora a pelota está no tellado da Xunta de Galicia, que ten que demostrar rigorosidade e seriedade á hora de analizar os posibles impactos ambientais do proxecto, con transparencia, informando aos afectados e ao conxunto da sociedade galega”, subliñou.

 

“Grazas ao seu potencial, Galicia está en condicións de liderar a nova vaga de desenvolvemento industrial sustentable. Ese é o modelo que defendemos os socialistas. Á Xunta correspóndelle agora non ceder a presións, debe dar respostas á cidadanía e avaliar a compatibilidade deste proxecto cos principios do desenvolvemento sustentable e co respecto ao territorio, con rigor e sen deixar lugar a dúbida ningunha”, concluíu.

Están leyendo; xn  Atún Tuny, Ancla, Capitán Nemo, Martuna  xn  Asesora de Feijóo   xn  Pladesemapesga xn Circos del PP xn Elecciones 2024    xn     Corrupción  Mar Sánchez Sierra. - Más

También es noticia hoy  | Millan Calenti |   Grupomar  |   Autrey  |  RealidelPacífico |   Elecciones   |   Candidatos  |   P.González   |   Mar Sánchez  |   Acoso  |   Blanqueo  |   Perú  |   Trama Norte   |   Pesca Ilegal

         Siguenos iconotwitterTwitter         rss icono-  RSS.-   Youtube envelope mail icon free vector  Contacte   iconopublicidadPublicidad  222118  Mapa Web logo proveedores 
  • Agencia Noticias
  • Columnistas.
  • Diario Marítimo.
  • ONG
  • AyTP.
  • Wassap
  • Youtube XGRTV