Información
Sergas

Persoal de Servizos Xerais do SERGAS denuncian publicamente malestar das reunións creadas polo SERGAS co presunto cometido de mellorar o funcionamento da Atención Primaria.

Información
Xunta de Galicia 18 Enero 2019 1437 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Comunicado de prensa

A asociación de PSX (Persoal de Servizos Xerais) do SERGAS quere manifestar publicamente o seu crecente incomodidade e malestar ante a celebración de novas reunións dos seis grupos de traballo creados polo SERGAS co presunto cometido de mellorar o funcionamento da Atención Primaria.

 

Pareceríanos positivo que se abrisen verdadeiras canles de diálogo entre a Administración, os representantes dos traballadores, as asociacións profesionais, os colectivos de usuarios da sanidade pública e o resto de actores implicados no correcto funcionamento do noso sistema sanitario. Porén estimamos que a formulación deseñada polo SERGAS non procura un dialogo directo, claro, sincero e frutífero. Máis ben semella que o SERGAS pretende desactivar os crecentes conflitos que vive o noso sistema sanitario dende a dimisión dos 22 xefes de servizo de Atención Primaria en Vigo, as denuncias tralas mortes de varios pacientes en urxencias en Santiago de Compostela, as manifestacións que tiveron lugar en diferentes localidades, vilas e cidades de Galicia e as novas mobilizacións convocadas para a vindeira semana.

E por que a Asociación de Persoal de Servizos Xerais desconfía da boa vontade dos directivos e responsables da Consellería de Sanidade e o SERGAS? Pois simplemente porque as cousas non se están facendo ben. A asociación de PSX opina que todo o proceso de diálogo, aberto cos representantes de Persoal de Servizos Xerais elixidos a dedo pola Administración, está viciado dende o comezo, envolvido nun certo escurantismo e nunha total falta de transparencia.

Engadiriamos que non nos parece congruente que a Administración fixe uns prazos para a entrega de propostas de mellora da Atención Primaria, prazos que finalmente non se cumpren e que se reducen a un puro formalismo sen utilidade real nin posibilidade ningunha de realización na práctica.

Solicitamos á Administración que rectifique e reoriente o deseño dos actuais sucedáneos de grupos de traballo nos que participan membros da nosa categoría profesional aos que o SERGAS atribuíu unha representatividade que non teñen.

Entendemos que un verdadeiro diálogo debe ser multidireccional e todas as partes deben posuír a facultade de poder expoñer correctamente as súas posicións e ideas co obxectivo de atopar canles de entendemento para finalmente limar as posibles diferenzas que lles distancian. E para que exista ese achegamento de posicións, todos debemos poñernos no lugar do outro e tratar de entender a súa postura sen esquecer a nosa.

A Asociación de Persoal de Servizos Xerais estima que o diálogo pode ser positivo, pero debe servir para acabar nun entendemento entre as partes que conduza a un acordo. Se as cousas se fixesen correctamente nun futuro todos sentirémonos ben co resultado e estariamos dispostos a cumprir o acordado. Porén con diálogos amañados e sucedáneos de grupos de traballo non conseguiremos absolutamente nada.

Santiago de Compostela, 18 de Xaneiro de 2019

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+