Denuncian que Feijóo utiliza a Sanidade Pública para "represaliar" aos veciños de Vigo

Información
05 Enero 2022

12-J Galicia: Feijóo podrá blindar su modelo sanitarioNota de Prensa da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, ante a REPRESALIA tomada por Feijoo ante as protestas para salvar a Atención Primaria 

            Diante da información de que o “Servizo Galego de Saúde, decidiu pechar varios centros de saúde da Área Sanitaria de Vigo” para calquera patoloxía que “non estea relacionada ca Covid-19 ou poida ser cualificada como urxente”, desde a AGDSP, queremos comunicar o seguinte:

 

1º.      Aparentemente esta medida só afecta a centros de saúde da área sur de Vigo e non do resto de Galicia.

2.º      Curiosamente o peche de consultas afectan en gran medida a localidades que veñen realizando mobilizacións de protesta polas restricións na Atención Primaria: O Rosal, A Guarda, Oia, Cangas, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Tomiño, y alguns centros da cidade de Vigo. .

3º.      Esta situación fai pensar nunha REPRESALIA, contra localidades que se mostraron moi activas contra o desmantelamento da AP e dos Centros de Saúde.

4º.      Non se comprende que se impida a asistencia aos pacientes que padecen problemas non relacionados ca COVID, a pesar de que as infeccións durante esta sexta vaga, son menos graves e presentan menos complicacións que as anteriores.

5º.      O rexeitamento de pacientes non COVID a que obriga o SERGAS nos Centros de Saúde, supoñe un perigo para a saude de moitas persoas enfermeas e  incrementará aínda mais unhas listas de agarda en Atención Primaria que son xa absolutamente inaceptables.

Desde a  Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, valoramos como inaceptable, esta nova volta de torca na estratexia de estrangular a Atención Primaria, reducindo a actividade asistencial de forma perigosa para a poboación, e exiximos a súa derrogación inmediata.

social youtube xornalgalicia   feed-image