Situación extrema, do Sistema Sanitario Público en Galicia con Feijóo mirando para Madrid, especialmente aos servizos de Atención Primaria e ás Áreas Sanitarias.

Información
04 Enero 2022

El Gobierno de Feijóo dio orden de borrar todo rastro de las mascarillas  falsificadas compradas por el Sergas cuyos documentos están preservados en  manos de Xornal Galicia. - Xornal Galicia | Xornal GaliciaDesde a Asociación  Galega para a Defensa da  Sanidade Pública, queremos denunciar a situación extrema, que afecta o Sistema Sanitario Público en Galicia, especialmente aos servizos de Atención Primaria e ás Áreas Sanitarias.

 

Como vimos denunciando reiteradamente desde hai anos, a política de recortes do PP en persoal e co desmantelamento da Atención Primaria, levóunos a unha situación límite na asistencia sanitaria, como se pode ver na situación en Centros de Saúde, Puntos de Atención Continuada (PAC) ou nos servizos hospitalarios dos Distritos Sanitarios (das Áreas suprimidas).

  • •          No Centro de Saúde de Vilagarcía, nestes días, só había 4 médicxs dun total de 14, o que supón unha reducción do 72% do persoal (incompatible coa atención de calidade que se supón na saúde).
  • •          No PAC de Baltar en Sanxenxo, esta fin de semán non había persoal  médicx e só unha enfermeira e unha celadora, o que obrigou a pechar este servizo de urxencias  e  derivar ás persoas enfermas ao PAC do Grove a 12 Km. e cunha falta evidente de recursos.
  • •          O PAC de Caldas, funciona desde onte cun só médicx, o que impide atender as urxencias a domicilio.
  • •          O servizo de Farmacia do Hospital do Salnés, non atende debido ás vacacións do seu titular, cuxo posto non se cubríu en Nadal; ísto obriga a quen necesita tratamentos hospitalarios a desprazarse ao hospital Montecelo de Pontevedra a 31 Km ou a non poder retirar unha medicación hospitalaria importante para a saúde.

É inaceptable a actitude de inhibición da Consellaría de Sanidade e da Xunta de Feijoo, responsables da situación, que non parece que váia a cambiar: como mostra a reducción do 2% nos orzamentos de AP para o 2022.

De non modificarse esta situación, a Atención Primaria e os hospitais comarcais  poden acabar nunha crise irreversible, que tería consecuencias demoledoras para o conxunto do Sistema Sanitario Público Galego e para a saúde da poboación.

Exiximos ao PP e o sr. Feijoo a rectificación destas políticas de desmantelamento e que poña a AP no centro de debate (e dos orzamantos) deste ano 2022.

social youtube xornalgalicia   feed-image