A CNT esixe a resolución do contrato de transporte sanitario da Coruña
• O SERGAS está obrigado a resolver o contrato por incumprimentos graves da empresa contratada
• O xerente da EOXI da Coruña, Luis Verde, non responde as cuestións prantexadas pola CNT sobre a falta de control do cumprimento da licitación
• A maiores, o sobrecusto da licitación pode alcanzar un 70%
A CNT esixe ao xerente da EOXI da Coruña, Luis Verde Remeseiro, que se resolva o contrato do servizo de transporte sanitario non urxente da área de Coruña e Cee que o SERGAS ten subscrito coa UTE Servicios Sanitarios de La Coruña – Ambulancias María Pita.