Crece o gasto farmacéutico, en beneficio das multinacionais farmacéuticas

Información
Sergas | 22 Octubre 2021 | 4093 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

4f9cacd8 5516 44f9 8393 69d3e8214507

Análise e valoración  DOS orzamentos do SERGAS 2022:

Dende a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, consideramos que a pesar da pandemia e os problemas de saúde acumulados na mesma, debe exixirse con urxencia as autoridades sanitarias , un esforzo extraordinario para inverter dende o SERGAS, pero vemos que só ten previsto incrementalo nun  0,2%, de 4.485 millóns a 4.494 para o ano 2022.

 

1.- Prosegue o desmantelamento da Atención Primaria, a pesar dos problemas de acceso da poboación aos Centros de Saúde, sometida a graves limitacións para as consultas presenciais, hexemonía das consultas telefónicas, colas e listas de espera que superan os 10 días ou máis, en moitos lugares. 

  • · Orzamento de Atención Primaria descende un  do 13,7%  ao 13,4 (un 2% menos), afastándose aínda mais do obxectivo do 25% do gasto total esixido por todas as organizacións profesionais galegas e estatais.

2.- En Atención Hospitalaria non esta previsto ningún plan urxente para reducir as listas de espera acumuladas na pandemia. É urxente aumentar a actividade cirúrxica, as probas  diagnósticas e as primeiras consultas, para combater o aumento da mortalidade evitable (aínda que se maquillen os pacientes que esperan diagnósticos e tratamentos):

  • · O gasto hospitalario público mantense no 66%. O ano pasado creceu un 10% e este ano un 0%.

3.- Crece o gasto farmacéutico, en beneficio das multinacionais farmacéuticas:

  • · O gasto farmacéutico extra hospitalario  (farmacias AP) crece nun 1,2%.
  • · O gasto farmacéutico hospitalario crece nun 20,4%

4.-  Non se reforzan os recursos destinados a detectar e combater novas pandemias como a  COVID-19:

  • · A Prevención e Promoción da Saúde (loita conta epidemias)  recibirá un ridículo 0,3% do total, sen experimentar ningún aumento.

5.- Non parece haber vontade para formar e mellorar ao persoal sanitario, a pesar das graves deficiencias actuais:

  • · A formación do persoal mantense nun exiguo 1,3% .

As prioridades anunciadas por Feijoo, céntranse en reducir impostos aos mais ricxs (renda, patrimonio, herdanzas) e crear unha nova Área Sanitaria Virtual baseade na compra de material tecnolóxico e no acumulo de información (Big Data) para favorecer ás multinacionais.

O SERGAS non ten previsto nada novo para acabar co desastre  da AP ou coas listas de espera, pollo que a poboación está a recorrer ao sector privado,  que ten peores recursos e que oferta seguros a prezos incompatibles co unha atención de calidade mínima.

A política sanitaria de Feijoo, sigue desmantelando a AP e financiando a privatización. Non o permitamos. 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública