A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia un paso máis no deterioro do servizo de Atención Primaria

Información
Sergas | 05 Mayo 2021 | 681 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

 El PPdeG no solo financia la Voz de Galicia y sus informaciones con dinero  público de la Xunta que no les pertenece si no que utiliza su imagen  pública para hacer marketingA Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas instalacións. Concretamente no caso do Rosal, o persoal sanitario atende a un número de pacientes que supera as recomendacións dos colexios médicos e da OMS.

 

Coa pandemia, as carencias de espazo e de dotación material do Centro de Saúde obrigaron a desprazar á Guarda o servizo de pediatría e a pechar a consulta de San Miguel. A implantación ademais da atención telefónica, lonxe de aliviar o traballo do persoal médico, supuxo un afondamento no deterioro do servizo, ademais de poñer ás profesionais do centro nunha situación límite. Atender aos pacientes por teléfono, ademais de difícil e moitas veces frustrante, supón unha multiplicación da carga de traballo e unha sobrecarga emocional, xa que unha parte da poboación os fai responsables do deterioro do servizo.

Recentemente a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, reuniuse do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a quen explicou os problemas da atención primaria. Se ben o Conselleiro admitiu a existencia de carencias de persoal e expresou a intención de convocar unha praza de médico, non apreciou a necesidade de reforzar o servizo de pediatría nin comprometeu melloras nas instalacións. Desde a Plataforma reivindícase que a praza de médico debe ir acompañada dunha praza de enfermería e reitérase ademais a necesidade de crear unha praza de pediatría para O Rosal, xa que o concello ten poboación infantil suficiente para xustificala. Do mesmo xeito, dende a plataforma esíxense solucións ás carencias estruturais e de equipamento nos centros de saúde.Vinte días de espera para unha consulta de atención primaria no Rosal -  Xornal Galicia

Por outra parte, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia novamente o feito de que sigan sen contratar substitutos para as ausencias do persoal facultativo. A situación acaba de agravarse, xa que desde o pasado día 29 de abril non hai pediatra para os usuarios e usuarias do Rosal. O servizo estase a cubrir prolongando a xornada das dúas pediatras que quedan na Guarda. Deste xeito os nenos e nenas están sendo atendidos cada día por unha persoa distinta, o que supón un grave deterioro do servizo pola perda de continuidade no seguimento.

 La memoria de Atención al Paciente del Sergas denuncia el fallecimiento o  secuelas irreversibles de pacientes oncológicos sin atender ¡ otro éxito de  Feijóo ! - Xornal Galicia


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600