O afán por manipular a opinión pública leva ao Sergas a notificar negativos a persoas que aínda non realizaron as probas da Covid-19

Información
Sergas | 20 Septiembre 2020 | 4510 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Tribuna de Galicia - Sergas

O voceiro de sanidade do grupo parlamentar do PSdeG, Julio Torrado, reclamou esta cuarta feira, 16 de setembro, á Xunta da Galiza "claridade e seriedade" na realización desde o Sergas das probas PCR do coronavirus. Segundo denunciou o socialista "os criterios varían en función de cada área sanitaria, tanto na decisión de a quen se debe facer as probas, como no sistema de notificacións de citas e resultados”, o que provoca "máis confusión e desigualdade", criticou.

O voceiro de sanidade do grupo parlamentar do PSdeG, Julio Torrado. O voceiro de sanidade do grupo parlamentar do PSdeG, Julio Torrado.

Esta "falta de organización" está a derivar nun panorama "caótico", censurou Torrado, no que "atopamos desde pacientes que son notificados como negativos sen ter feito nunca unha proba, ou persoas ás que comunican por escrito que non asistiron a unha cita que en realidade nunca lles foi notificada".

Ante esa situación, o voceiro de sanidade do PSdeG exixiu ao Goberno galego coñecer "cales son os criterios" que se están implementando para a realización de probas PCR do coronavirus. "Esta falta de eficiencia impide dar unha resposta clara e contundente na loita contra a pandemia na Galiza", lamentou Julio Torrado.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600