Denuncian que Feijóo esta "retrasando intencionadamente o uso dos 110.000 TESTS DE DIAGNÓSTICO RÁPIDO" enviados polo goberno de pedro Sánchez

Información
Sergas 12 Abril 2020 2909 votos - Registrate para votar


Sinala que os tests son “útiles e necesarios” porque o Sergas nun mes puido facer 42.000 PCR, pero a poboación galega é de case 2,7 millóns persoas: "Cada día que pasa sen actuar, é un día perdido"Sinala que os tests son “útiles e necesarios” porque o Sergas nun mes puido facer 42.000 PCR, pero a poboación galega é de case 2,7 millóns persoas: "Cada día que pasa sen actuar, é un día perdido"
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que utilice xa os máis de 110.000 tests de diagnóstico rápido que o goberno de España xa consignou para Galicia. Uns 58.000 foron remitidos nunha primeira remesa e outros 57.000 chegarán nestes días.


“Situacións de contaxio masivo como a que vemos na residencia do Barco de Valdeorras poñen de manifesto os erros na prevención e que se chega tarde”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista de que, neste mes de confinamento a causa do coronavirus, o Sergas realizou uns 42.000 PCR nunha poboación de preto de 2,7 millóns de persoas.
Así o dixo o líder dos socialistas galegos nun contexto no que hai máis de 1.200 persoas afectadas polo covid-19 vinculadas cos centros asistenciais e no que a Xunta xa leva intervidas tres residencias de maiores a causa do aumento dos casos. “Cada día que pasa sen que se utilicen todos os medios, e tamén os tests rápidos, é un día perdido”, recalcou.
Ademais, como sinalou Gonzalo Caballero, son moitos profesionais sociais e sanitarios, así como os traballadores de distintos sectores, os que están reclamando acceder a probas de diagnóstico do virus e, no caso dos tests de diagnóstico rápido, estes permiten coñecer con certeza a existencia de anticorpos fronte ao coronavirus e requiren un PCR no caso de que arroxen un resultado negativo.
“Pedimos á Xunta que informe do que fai e que actúe”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, quen puxo o foco en que as distintas comunidades así o están facendo, en liña coa guía difundida polo propio Ministerio de Sanidad para o uso destes tests rápidos, que son “útiles e necesarios”.

Xornal Galicia le informa que;

Por cuestiones de peso informático
retiramos los PDFs del servicio online?

Ello no significa que no pueda acceder a ellos.
Solicite aquí el pdf de su interés..!


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600