As análises realizadas no Hospital Alvaro Cunqueiro, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a infección por coronavirus dunha muller de 47 anos, que se atopa illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Trátase do segundo caso positivo confirmado en Galicia.
A Dirección Xeral de Saúde Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudio de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.
Ante a noticia do falecemento dun paciente o pasado luns no Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín onde foi trasladado por unha ambulancia de 061 desprazada desde Chantada, situada a 40 quilómetros de Lalin polo que tardo 36 minutos en chegar desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- Este enorme atraso esta directamente relacionado con que no momento da chamada xa non estaba en funcionamento o vehículo de apoio do 061 para a zona, e as dúas ambulancias que prestan servizo na comarca (en Lalín e Silleda) estaban a trasladar a pacientes ao Hospital de Santiago. Castasós parroquia de residencia do falecido, esta tan só a 5 quilómetros este centro de saúde.
2.- Desde a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a Plataforma SOS, os traballadores de urxencias, sindicatos e grupos parlamentarios, levamos anos denunciando e advertindo dos riscos de recortar os servizos de ambulancias, tanto en número como no persoal das mesmas, en todas as áreas sanitarias de Galicia. O ano pasado faleceu outro paciente en Dozón (Pontevedra) tras tardar 45 minutos en chegar unha ambulancia. A falta de ambulancias e as grandes distancias das bases (neste caso en Silleda ou Lalín), impediu a este servizo cumprir cos 20 minutos de espera.
3.- Reiteramos unha vez máis a denuncia da política da Xunta de contratar os servizos de ambulancias con empresas de transporte privado que, en ocasións, incumpren a normativa sobre a dotacións de ambulancias.
O goberno de Feijoo Pago 19,1 millóns anuais de euros en concertos en trasporte de ambulancias hospitalarios e 58,6 en ambulancias do 061 (77,7 millóns ao ano) , un regalo ao sector privado que como vemos presta un servizo ineficiente, de baixa calidade e que explota a os seus traballadores.
4.- Consideramos urxente e necesario repoñer os recortes neste servizos e poñer en marcha ou a política de planificación de centros sanitarios, servizos de urxencias e ambulancias do sistema sanitario público, que garantan a accesibilidade da poboación á atención sanitaria.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
EN ESTO DILAPIDA EL DINERO PÚBLICO LA ASESORA DEL PPDEG EN LA XUNTA MAR SÁNCHEZ SIERRA QUE RECORTA DE LOS SERVICIOS DE URGENCIA QUE SE SUMAN A LOS DE VERIN