Ante a noticia do falecemento dun paciente o pasado luns no Punto de Atención Continuada (PAC) de Lalín onde foi trasladado por unha ambulancia de 061 desprazada desde Chantada, situada a 40 quilómetros de Lalin polo que tardo 36 minutos en chegar desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- Este enorme atraso esta directamente relacionado con que no momento da chamada xa non estaba en funcionamento o vehículo de apoio do 061 para a zona, e as dúas ambulancias que prestan servizo na comarca (en Lalín e Silleda) estaban a trasladar a pacientes ao Hospital de Santiago. Castasós parroquia de residencia do falecido, esta tan só a 5 quilómetros este centro de saúde.
2.- Desde a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a Plataforma SOS, os traballadores de urxencias, sindicatos e grupos parlamentarios, levamos anos denunciando e advertindo dos riscos de recortar os servizos de ambulancias, tanto en número como no persoal das mesmas, en todas as áreas sanitarias de Galicia. O ano pasado faleceu outro paciente en Dozón (Pontevedra) tras tardar 45 minutos en chegar unha ambulancia. A falta de ambulancias e as grandes distancias das bases (neste caso en Silleda ou Lalín), impediu a este servizo cumprir cos 20 minutos de espera.
3.- Reiteramos unha vez máis a denuncia da política da Xunta de contratar os servizos de ambulancias con empresas de transporte privado que, en ocasións, incumpren a normativa sobre a dotacións de ambulancias.
O goberno de Feijoo Pago 19,1 millóns anuais de euros en concertos en trasporte de ambulancias hospitalarios e 58,6 en ambulancias do 061 (77,7 millóns ao ano) , un regalo ao sector privado que como vemos presta un servizo ineficiente, de baixa calidade e que explota a os seus traballadores.
4.- Consideramos urxente e necesario repoñer os recortes neste servizos e poñer en marcha ou a política de planificación de centros sanitarios, servizos de urxencias e ambulancias do sistema sanitario público, que garantan a accesibilidade da poboación á atención sanitaria.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
EN ESTO DILAPIDA EL DINERO PÚBLICO LA ASESORA DEL PPDEG EN LA XUNTA MAR SÁNCHEZ SIERRA QUE RECORTA DE LOS SERVICIOS DE URGENCIA QUE SE SUMAN A LOS DE VERIN