Información
Sergas

Miles de persoas chegadas de toda Galiza abarrotaron Santiago baixo o lema “En defensa da sanidade pública galega” destruída por Feiejóo pedindo a Fiscalía a SÚA IMPUTACIÓN

Información
Xunta de Galicia 09 Febrero 2020 1064 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Con esta mobilización manifestouse o rotundo rexeitamento ás políticas do PP de desmantelamento, peche de servizos nos Hospitais Públicos e privatización; denunciáronse as “inaceptábeis listas de espera” e as precarias condicións laborais do persoal.

Neste sentido, a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, denunciou ao comezo da mobilización que “o Partido Popular non pode facer negocio coa nosa saúde” e subliñou que o acceso á sanidade pública “é un dereito de todas as persoas, independentemente de onde residan, da súa condición social e da patoloxía que presenten”.
Abuín eixixiu que se remate coa taxa de reposición, coa precariedade laboral e cos recortes de persoal. Nese sentido denunciou que “a taxa de reposición, ademais de impedir cubrir os postos que fican vacantes, tamén impide incorporar novos profesionais para a cobertura as novas necesidades asistenciais”.

 

Por iso lembrou ás forzas políticas que asistiron á manifestación que “desde xa, teñen que exixir que, nos orzamentos do Estado do ano 2020, desapareza a taxa de reposición ou deixe de ser considerada como normativa básica, para que no SERGAS poidamos negociar un plano de emprego que permita recuperar as prazas amortizadas”.

Abuín demandou tamén que o persoal sexa contratado polo motivo que provoca a súa contratación, respectando todos os dereitos: cómputo de xornada, libranzas, permisos e resto de dereitos e sinalou que “a directiva europea recolle que o persoal contratado non pode ter menos dereitos que o persoal fixo, que isto non se pode regular en función da duración do contrato, xa que as súas obrigas de prestación de servizo son as mesmas: fixos e interinos”.
Contra a política de desmantelamento e privatización do PP
A secretaria nacional defendeu unha sanidade pública, universal e de calidade, que garanta a equidade no acceso de todas as persoas ao servizo público. Defendeu a dignificación das condicións laborais e rexeitou con contundencia as políticas do PP que teñen, dixo “o obxectivo de privatizar a sanidade e repartir beneficios a costa da nosa saúde”.
Xunto a isto reclamou unha sanidade pública que garanta un programa de atención integral a saúde de muller, “baseado nas evidencias científicas e nas necesidades das mulleres, e non con programas elaborados a partires dos prexuízos do Partido Popular” e que se garanta que todo o territorio de Galiza teña cobertura sanitaria coas/os profesionais necesarios .

No mesmo sentido, desde SOS Sanidade Pública rexeitouse a política sanitaria da Xunta de Galiza, presidida por Feijóo, caracterizada por “recortes de recursos; desmantelamento dos hospitais e con maior virulencia dos hospitais comarcais; o abandiono da Atención primaria; a vulneración de dereitos das persoas con problemas de saúde mental e a falta de recursos neste nivel asistencial; os recortes no desenvolvemento do plan de atención integral á saúde da muller; a ocultación e manipulación das listas de espera; a precarización e explotación do persoal e a privatización. Esta política sanitaria está levando á sanidade pública a un punto de difícil retorno se non a paramos entre todas e todos”.
A Plataforma lembrou as protestas da Atención Primaria, o levantamento da poboación de Verín contra o peche do paritorio do seu hospital ou as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras, que considerou “manifestacións do malestar cidadán e profesional fronte a esta crise sanitaria”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.