O Goberno de Feijóo anuncia a mesma convocatoria de prazas ata 3 veces para facer comunicados-ordenes de prensa que Mar Sánchez Sierra recomenda publicar despois de adjudicar millons de euros en publicidad institucional

Información
Sergas | 18 Diciembre 2019 | 3987 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image


O pasado venres 13 de decembro, o SERGAS anunciou en todos os medios que se aprobara na Mesa Sectorial de Sanidade unha oferta de emprego para a incorporación de 1057 novas prazas. “Unha vez máis vendendo fume”, denuncia a CIG-Saúde, que lembra que esas son as prazas vacantes que xa se contemplaban nas ofertas de emprego dos anos 2018 e 2019.

O que se aprobou na Mesa Sectorial do día 13 de decembro foi a convocatoria do proceso selectivo das prazas do seguinte cadro.

 

Por iso a CIG-Saúde denuncia que se están tratando de vender as mesmas prazas 3 veces. Fronte a iso, demanda que se elimine dunha vez a taxa de reposición e que se consoliden as prazas cubertas durante anos con contratos precarios.

Xunto a isto reclama a creación de emprego estable e de calidade no SERGAS para combater a precariedade laboral que sofre o persoal do Servizo Galego de Saúde.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600