Información
Sergas

Eva Solla pide a dimisión do conselleiro de Sanidade porque “a súa palabra non vale nada”

Información
Xunta de Galicia 04 Diciembre 2019 888 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A deputada denunciou os incumprimentos da Xunta co Hospital de Verín e acusou o PP de odiar os dereitos da xente do rural.
 

Santiago, 4 de decembro de 2019.- A deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla, pediu este mércores a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, por ter amosado que “a súa palabra non vale nada” tras o peche dos servizos de partos e de pediatría do Hospital de Verín. “Dixo que non substituían pediatras na provincia de Ourense porque non había, pero que estaban facendo un esforzo para buscalos. Dúas semanas despois pecharon ese servizo e o paridoiro en Verín. Polo tanto, debería anunciar a súa dimisión porque a súa palabra como conselleiro non vale absolutamente nada. Prometen unha serie de cousas que non cumpren, pero ademais cren que a cidadanía de Verín e de Ourense, neste caso, non ten madurez suficiente para saber que os están enganando”, sinalou Solla nunha interpelación ao conselleiro no Pleno do Parlamento.

 

A deputada afirmou que a tónica xeral dos hospitais comarcais é a do que acontece en Verín, porque “vostedes son un Goberno que odia o rural e a equidade sanitaria. Pechar servizos é ter un odio aos dereitos que ten a xente que vive no rural”, acusou. Así, incidiu en que “non se pode dicir que é a lexislatura do rural e retirar continuamente servizos. Para que van traer unha lei de demografía se non vai quedar ninguén que poida ter fillos debido ás súas políticas? A xente marcha do rural porque non ten servizos e, se os seguen quitando, o problema só vai medrar”. 

Solla demandou ademais unha rectificación do presidente Feijóo polas súas declaración desta mañá e en días anteriores. “Non só porque llo pidan as mulleres, os profesionais e o PP de Ourense, tamén porque hai que ter valor para dicir que esta a protesta é pola comodidade das mulleres”, enfatizou. A deputada tamén afeou o “discurso clasista” do PP ao facer afirmacións nas que “se poñía en valor a opinión dos médicos do hospital grande fronte aos do pequeno. A das matronas xa non a teñen en conta”. 

Desta maneira, Eva Solla retou a Almuiña a que presente o informe cos datos que avalan o problema de seguridade nos partos en Verín “porque non existe. Non hai evidencia científica. Os partos eran 100% seguros e os profesionais de Verín teñen suficiente pericia para saber cando hai que facer un desprazamento. Diga se non se fía deles”. Pola contra, instou á reapertura do servizo por unha cuestión de “equidade sanitaria. Unha persoa que viva na Mezquita ten que ter os mesmos dereitos que unha persoa que viva en Vigo. Non se están cumprindo eses dereitos e afectan aos máis vulnerables, os nenos e nenas. Que tipo de equidade e de respecto aos dereitos dos menores se está ofrecendo?”, preguntouse.

Por último, a deputada instou o Executivo autonómico a que actúe respecto das condicións de traballo e a situación de precariedade que se dan na sanidade pública para incentivar a ocupación de prazas que quedan vacantes. “Non teñen dereito a retirar este servizo. Se sacan dúas prazas e quedan vacantes, en lugar de pechar, deberían preguntarse por que ninguén a asume”, concluíu.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.