Información
Sergas

SOS Sanidade Pública de Galicia quere manifestar o seu apoio ás mobilizacións cidadás e á Plataforma SOS Sanidade da comarca de Verín

Información
Xunta de Galicia 03 Diciembre 2019 406 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia quere manifestar o seu apoio ás mobilizacións cidadás e á Plataforma SOS Sanidade da comarca de Verín, na súa protesta contra o desmantelamento do Hospital Comarcal onde se pretende pechar o paritorio e recortar os servizos de Pediatría.

Consideramos que estes recortes, responden a unha estratexia perfectamente deseñada pola Consellaría de Sanidade e polo SERGAS, para:

 

  • Desmantelar e pechar progresivamente os hospitais comarcais, despois de aprobarse no seu momento, a reforma da Lei Galega de Saúde pechando Áreas Sanitarias e creando as chamadas EOXIS.

  • Esta reforma legal  (pero non xusta) foi contestada polas Plataformas SOS Sanidade Pública con mobilizacións en todalas Áreas suprimidas e cunha gran manifestación en Compostela o pasado mes de febreiro, con máis de 30.000 asistentes.

  • Pero non soamente este servizo é obxecto de recortes, xa que os mesmos afectan a Dermatoloxía e ao persoal de Pediatría, Cirurxía, Anestesia e Medicina Interna.

  • Esta política afasta á poboación das áreas rurais, que vese obrigada a percorrer moitos quilómetros para recibir unha atención que agora é próxima. Esta discriminación da poboación rural, foi rexeitada por SOS Sanidade por inequitativa e inaceptable.

  • Ademais de aforrar a Consellaría de Sanidade, ca súa política economicista, pretende ir abrindo camiño á privatización, como mostra o desembarco e a ampliación de numerosos centros sanitarios privados.

Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, chamamos ás organizacións sociais, sindicais e políticas de toda Galicia a poiar esta mobilización.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, convoca unha xuntanza de todalas Plataformas e organizacións que a integran para:

1.- Acordar medidas de apoio á cidadanía e profesionais do Hospital de Verín, se non hai resposta ás súas demandas pola Consellaría.

2.- Valorar o resultado das negociacións e acordos co SERGAS, nas Comisións Sectoriais do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia.

3.- Situación do proxecto de ampliación do Hospital Montecelo de Pontevedra sometido a graves recortes.

4.- Estudar a organización dunha gran manifestación a favor da Sanidade Pública e contra os recortes e a deterioración da mesma.

A xuntanza celebrarase o día 12 de decembro ás 17,30 h. nos locais do Sindicato CIG de Santiago

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+