Información
Sergas

O PP e o SERGAS abandonan totalmente o centro de saúde de Viveiro QUEDANDO OS VECIÑOS E VECIÑAS LITERALMENTE ABANDOADOS A MERCED DOS ACONTECEMENTOS

Información
Xunta de Galicia 10 Julio 2019 960 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A sanidade pública “continúa en estado de auténtica emerxencia” a consecuencia das políticas do PP e a Atención Primaria “está sendo unha das principais damnificadas”, denuncia a CIG-Saúde da Mariña. A Federación fai estas aseveracións diante da situación que se viviu hoxe no centro de saúde de Viveiro, cando de sete médicos/as de familia na quenda de mañá, só quedaron catro porque o SERGAS non cubriu ningunha das tres ausencias actuais (unha por un  cargo político na Subdelegación do Goberno de Lugo e dúas por vacacións).

 

A CIG-Saúde xa ten denunciado en numerosas ocasións que sistematicamente as vacacións que por dereito lles corresponden ao persoal médico do centro de saúde non se cobren. Esta circunstancia leva a un evidente deterioro na atención médica, debido a unha acumulación de traballo do persoal facultativo do centro ao ter que asumir a atención dos/as pacientes asignados/as ao resto do persoal médico.

“Se a isto lle sumamos que en época estival a poboación de Viveiro duplícase ou triplícase podemos sacar a conclusión de que a situación se agrava moitísimo máis, producíndose un auténtico colapso no centro de saúde que afecta á calidade asistencial. Non se pode prestar unha asistencia sanitaria de calidade cando as e os profesionais teñen que asumir o traballo propio e o de compañeiras e compañeiros que non son substituídos”, afirman.

Rexeitamento ao novo contrato eventual

A este respecto, denuncian que unha das solucións do SERGAS “foi presentar un novo contrato eventual de continuidade para o persoal médico, que agora quere facer extensíbel ao persoal de enfermaría, rexeitado polos profesionais e pola CIG. Un contrato que non é digno  nin para os  profesionais nin para as persoas que son atendidas. Un contrato no que non  hai nin  estabilidade nin posibilidade de conciliar, perpetuando e normalizando a  precariedade”.

É necesario, polo tanto, que a propia Consellaría resolva definitivamente o problema facendo as previsións necesarias para que se cubran todas as ausencias que por vacacións ou outros motivos se produzan no centro sanitario de Viveiro. CIG-Saúde da Mariña reitera que “é necesario dignificar a Atención Primaria para garantir un servizo básico de calidade e proximidade fronte os Gobernos do PP que pretenden convertela nun privilexio”. Neste senso critican que  o deterioro da sanidade pública incrementa o desvío de pacientes á sanidade privada, “verdadeira beneficiada das políticas do PP na Xunta”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+