Información
Sergas

Mais denuncias contra o PPdeG no Sergas: FADSP recorre ante o Tribunal Supremo Sentenza do TSXG que autoriza a compatibilizar servizos médicos na pública e na concertada, e denuncia á Xunta por complicidade.

Información
Xunta de Galicia 10 Julio 2019 715 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública (da que forma parte a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ) compareceu ante o Supremo para solicitar que se confirme a doutrina da incompatibilidade que impide a prestación de servizos médicos na sanidade pública e na concertada, co obxecto de evitar a merma do servizo sanitario público.

 

A incompatibilidade para prestar de servizos no sector público e na sanidade concertada, vén sancionada pola Lei 53/1984, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. A pesares desto o 20% do persoal médico de atención especializada está a “compatibilizar” os seus servizos na pública e na concertada, o que afecta ao redor de 700 profesionais. A Xunta de Galicia mantén unha posición de absoluta pasividade, facendo a vista gorda, con só unha ducia de expedientes incoados.

Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia veu poñer en xaque o sistema de incompatibilidades, ao autorizar a unha xinecóloga de A Coruña a compaxinar os seus servizos no SERGAS e nun centro concertado, limitándoa ás actividades que non sexan obxecto do concerto. Este pronunciamento enfróntase á radical a doutrina do Tribunal Supremo sobre a prestación en dous centros que participen do sistema público de saúde.

Resulta significativo que malia a relevancia deste pronunciamento, que cambia o criterio utilizado pola administración para denegar as autorizacións, a Xunta de Galicia (parte nese preito), non presentara recurso de casación fronte ao Tribunal Supremo cando é clara a xurisprudencia do mesmo neste tema, actitude que obrigounos a intervir na defensa da sanidade pública,

A letrada da Federación, Julia Álvarez, afirma que

  1. Non se entende esta Sentenza do TSXG que modifica de maneira inxustificada os criterios do Tribunal Supremo sobre compatibilidades, máis aínda tendo en conta a significación social deste conflito, con centos de profesionais que compatibilizan ou pretenden compatibilizar o servizo de maneira contraria ao ordenamento xurídico. Xa non só porque se legaliza o espolio de recursos humanos do servizo público, senón porque este pronunciamento, de se consolidar, modificaría o edificio de compatibilidades beneficiando ao capital privado xa favorecido polos concertos sanitarios feitos a costa dos nosos impostos e dos nosos servizos públicos”.

  1. O Tribunal Superior de Xustiza entendeu relevancia social da nosa impugnación, que permitiu a irrupción da Federación neste preito e que se nos autorizase a recorrer ante o Supremo, malia non formar parte da controversia dende o principio”.

A resolución de fondo neste procedemento afectará, pola súa relevancia, aos estándares de calidade da sanidade pública galega. Agardamos que o Supremo confirme o criterio claro que vén sostendo dende hai décadas sobre a incompatibilidade”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+