Información
Sergas

ALERTAN de que o Goberno de Feijoo na Xunta das graves consecuencias de pechar 28 camas de Medicina Interna no Hospital de Monforte

Información
Xunta de Galicia 28 Junio 2019 1063 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A sección sindical de CIG-Saúde alerta que o peche de 28 camas en Medicina Interna no Hospital Comarcal de Monforte suporá un trastorno para todas e todos os doentes "xa que terán que ser redistribuídos a outras plantas, entre elas ás de Maternidade e Pediatría".

 

A dirección escúsase en que hai que realizar obras no centro hospitalario para xustificar este peche de camas, mais dende a CIG-Saúde pregúntanse cales son as razóns que facer obras nestes momentos, "cando hai uns meses nos venderon o marabilloso novo Plan Funcional para o hospital".

Material vello doutros hospitais

Por outra banda, a CIG-Saúde de Monforte critica o estado precario do mobiliario, xa que en lugar de adquirirse material sen usar o hospital comarcal continúa a recibir material vello doutros centros, como camas, padiolas ou cadeiras de brazos. "Isto non se pode consentir. Os colchóns non son os adecuados para estas camas e quen sofre as consecuencias son os/as doentes". Engaden que tamén hai carencias de roupa ou que as almofadas non son para nada confortábeis e mesmo se teñen que unir dúas "para que as/os doentes teñan un descanso cómodo".

Diante desta abandono, a CIG-Saúde reclámalle á Xerencia que manteña abertas todas as camas de  Medicina Interna para garantir unha atención adecuada e que se dote ao hospital de mobiliario e material de calidade

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.