ESQUERDA UNIDA TRASLADA AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA A SITUACIÓN DA RÍA DO BURGO E A NECESIDADE DE QUE OS VINDEIROS ORZAMENTOS CONTEMPLEN A LIMPEZA INTEGRAL DA RÍA
ESQUERDA UNIDA TRASLADA AO MINISTERIO DE TRANSICIÓN ECOLÓXICA A SITUACIÓN DA RÍA DO BURGO E A NECESIDADE DE QUE OS VINDEIROS ORZAMENTOS CONTEMPLEN A LIMPEZA INTEGRAL DA RÍA
Información
01 Octubre 20201314 votos - Registrate para votar
Tras denunciar publicamente a vertedura de áridos do que deu conta ás autoridades a Asociación Ecoloxista ADEGA o pasado 11 de xullo, Esquerda Unida vén de poñerse en contacto co Goberno Central para explicar a situación da ría do Burgo e solicitar tanto a investigación dos feitos coma a inclusión dunha partida específica para a limpeza da ría do Burgo nos vindeiros orzamentos xerais do Estado.
(Compostela, 1 de outubro de 2020)En xullo de 2020 a Asociación Ecoloxista Adega poñía en coñecemento das autoridades unha vertedura acontecido o día 11 ao pé do Paraugas do Temple, entre a ponte medieval e a estrada AC211. A pesar diso non se coñeceron actuacións por parte da Garda Civil, administración ante a que foi presentada a denuncia. Tampouco se ten coñecemento de actuacións por parte da Subdelegada do Goberno, que foi informada da denuncia e que mantivo unha xuntanza co Concello o pasado 20 de xullo, sen que transcendera o contido da mesma.
Esquerda Unida manifesta a súa preocupación por esta situación, xa que a non asunción de medidas conlevaría un importante prexuízo para unha ría que leva soportando durante décadas o abandono institucional. A ría do Burgo experimenta unha grave afectación desde o inicio da edificación salvaxe con obras que afectaron ás súas correntes e ao seu leito, pero tamén pola realización de todo tipo de vertedura, que produciron un deterioro acelerado da calidade das aguas coa conseguinte desaparición da súa flora e fauna, poñendo en risco o ecosistema e moitos postos de traballo.
Por outra banda, Esquerda Unida denuncia a actitude perniciosa do Concello de Cambre apoiando mediante declaracións en pleno e nos medios de comunicación, verteduras incontroladas de áridos como o que aconteceu este verán.
Por este motivo Esquerda Unida vén de poñerse en contacto co Ministerio de Transición Ecolóxica para informar de esta situación, agardando a investigación e medidas pertinentes no caso puntual do pasado mes de xullo, pero tamén defendendo a necesidade de que os vindeiros orzamentos conten cunha partida que permita comezar a rexenerar definitivamente a Ría do Burgo.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)