Información
Xunta de Galicia

Galicia presenta un déficit do 40% na dotación de persoal que atende á saúde mental no Sergas

Información
21 Marzo 2019 2338 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Segundo o informe elaborado polo Movemento Galego da Saúde Mental, Galicia conta conta cun 62% dos profesionais sobre o recomendado pola Comisión Asesora en materia de Saúde Mental da propia Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

-          Na EOXI da Coruña, a dotación de persoal sitúase por debaixo da metade dos profesionais recomendados.

-          Todas as profesións están infradotadas, cun 27% en traballo social, 33% en terapia ocupacional, 49% en enfermaría e celadores, 54% en psicoloxía clínica, 68% en psiquiatría, ata o 85% en técnicas/os en coidados auxiliares de enfermería.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019. No Servizo Galego de Saúde faltan un 38 % dos/as profesionais que sería recomendable, segundo os propios criterios da Xunta de Galicia. Así se extrae do documento que elaborou o Movemento Galego da Saúde Mental, "Recursos en Saúde Mental en Galicia" e que avalía o estado da rede pública asistencial no ámbito da saúde mental.

A principal conclusión que ofrece este informe é que se ben o estado da saúde mental da poboación residente en Galicia foi a peor sensiblemente na última década, a calidade asistencial non se viu incrementada, como recomendaron institucións internacionais de referencia como a propia Organización Mundial da Saúde, se non todo o contrario. O MGSM emprega como referencia a dotación recomendada pola Comisión Asesora en materia de Saúde Mental que creou a Consellería de Sanidade e que publicara nun informe de 1997, en comparación cos actuais recursos cos que conta o Sergas e que obtivo a través dunha pesquisa propia ao non poder acceder aos datos públicos de todas as EOXIs, entre outra documentación precisa.

Así, conclúe que ningunha categoría profesional cumpre coas propias recomendacións da propia Comisión Asesora, situándose a dotación real nun 62% sobre os mínimos apropiados. A categoría de traballo social é a peor dotada, cun 26,8%; seguida pola de terapia ocupacional (32,7%); celadores (49,2%), enfermaría (49,6%); psicoloxía clínica (54,2%); psiquiatría (68,1%); ata a mellor dotada que é a de técnicos/as en coidados auxiliares de enfermaría, que se sitúa a un 85% do recomendable.

Esta infradotación tamén é desigual na Comunidade autónoma: así atopamos que a EOXI da Coruña, que se atopa a un 41% do persoal recomendado, seguido de Pontevedra, cun 52,5%; Ourense, cun 62,4%; Vigo, cun 65%; Ferrol, cun 65,6%; Lugo, cun 65,7%; mentres que Santiago de Compostela presenta un cadro ao 70,8% do recomendado.

Desde logo, as estatísticas en relación á situación mental da poboación galega non convidan ao optimismo, xa que desde o comezo da crise económica produciuse un notable deterioro neste ámbito. De feito, se comparamos a lista de espera de pacientes para a súa primeira cita nos servizos de psiquiatría, practicamente duplicouse: pasouse de 4.623 persoas en xuño de 2008 a 8.094 en xuño de 2018. Estímase que un de cada cinco galegos/as experimentou algún trastorno mental ao longo da súa vida, un 7% no último ano, e máis de 6.000 persoas padecen trastorno mental grave na nosa Comunidade.

De acordo tanto coa Enquisa Europea de Saúde como as propias sondaxes do Instituto Nacional de Estadística, desde 2006 o número de persoas que refiren problemas de saúde mental está en constante incremento. Por exemplo, en Galicia, no período 2011-2017 aumentou un 45% as persoas con problemas de saúde mental diagnosticadas por un médico/a, unha cuestión na que as mulleres practicamente duplican aos homes.

Ao contrario das tendencias do conxunto do Estado, en Galicia tamén se produciu un aumento dos trastornos psíquicos e psicolóxicos na poboación infantil e xuvenil. Entre os menores de 14 anos, incrementáronse un 66% os problemas de tipo ansioso ou depresivo e un 17% os trastornos de conduta. En cambio, só existe unha Unidade de Hospitalización Psiquiátrica Infantoxuvenil, situada en Compostela e con 7 camas, a metade das mínimas que recollía o Plan Estratéxico de Saúde Mental 2006-2011 (o último plan galego foi paralizado polo goberno do Partido Popular en 2009 e actualmente estase traballando nun novo). Comprometérase unha nova Unidade para a zona sur de Galicia, pero desde o MGSM non se ten constancia da súa posta en marcha efectiva.

Estas conclusións forman parte do extenso e minucioso traballo realizado polo MGSM sobre as dotacións profesionais en saúde mental no Sergas, e desde este colectivo advírtese que é imposible prestar atención á saúde mental sen profesionais. Isto sitúa a calidade asistencial en cifras moi inferiores en comparación tanto co resto do Estado como con Europa, o que implica que a poboación galega está vendo conculcados os seus dereitos no relativo á atención á saúde mental.

Desde o MGSM sinalan no propio informe que, se a Administración galega pretende presentar algún plan no futuro, a dotación de persoal é imprescindible tras esta avaliación, xa que non se están a cubrir en absoluto as necesidades mínimas para poder prestar unha resposta asistencial de calidade.

20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)