Información
Xunta de Galicia

Os gastos da viaxe de Feixóo a América e á manifestación coa extrema dereita ao Parlamento de Galicia

Información
13 Febrero 2019 670 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O BNG rexistra unha iniciativa parlamentaria sobre os gastos derivados da viaxe do Presidente da Xunta a América, incluído o cambio no voo para participar o pasado domingo na concentración convocada polas dereitas españolas.

O BNG pregunta si Feijóo se considera “serio e responsable” alteraran o contido das obrigas institucionais do Presidente da Xunta por un acto do seu partido coa extrema dereita en Madrid, encontrándose os galegos en Norte América tras ser convidados a Homenaxe dos emigrantes galegos en EE.UU, abandoados polo seu presidente sen explicacións.

Para o BNG, a presenza de Feixóo na manifestación celebrada en Madrid contra o goberno de Sánchez demostra que o Presidente da Xunta abraza o discurso da ultradereita marcada polo seu xefe de filas, Pablo Casado e mesmo mudou a súa axenda institucional en Estados Unidos para acudir á concentración de Madrid, a pesar de anunciar publicamente que por  razóns de axenda non podería asistir.

Culpan ao PPdeG do naufraxio do Centro Galego de ... - Xornal Galicia

www.xornalgalicia.com/9079-culpan-ao-ppdeg-do-naufraxio-do-...

O BNG preguntará ao goberno galego canto lle vai costar a cada galego e galega que o Presidente da Xunta antepoña  os intereses do seu partido á axenda institucional. Por outra parte, a forza nacionalista tamén esixe que a “diferencia económica” derivada do cambio de billete corra a cargo do Partido popular.

O BNG considera que, unha vez máis, Feixóo mostrou e seu lado máis servil con Pablo Casado participando en Madrid nunha concentración que mesmo o  obrigou a adiantar a súa viaxe institucional en  América como Presidente da Xunta de Galiza.

O BNG preguntará ao Goberno galego se considera “serio e responsable” alterar o contido das obrigas institucionais do Presidente da Xunta por un acto do seu partido coa extrema dereita.