Información
Xunta de Galicia

Feijóo "vive nos mundos de Yupi " despreciando galeg@as, prefiere ir manifestarse a Madrid dando as costas a manifestación en Galicia que sae a rúa contra seu "destrozo" da sanidade pública

Información
09 Febrero 2019 956 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

PPdeGmilleirosdepersoassalenaruacontraogobernodefeijooepidenvotaraquendefendaasanidadepublicaquedesuruiufeijooA portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou hoxe en Vigo que o vindeiro domingo “miles de galegos e galegas se manifestarán en defensa da Sanidade pública, mentres Feixóo se manifesta en Madrid coa extrema dereita.”

La justicia detrás del Gobierno de Feijóo en la Xunta por varias muertes en servicios de urgencias y pac,s de Galica..Ver más..(+)

Este domingo, dixo Pontón, veremos o lonxe que está o Partido popular de Galiza porque ese día haberá dúas  mobilizacións. Unha, na que estará Feixóo “de ganchete” coa extrema dereita en defenda duns valores desfasados e  contra os intereses de Galiza e  súa xa  limitada autonomía. “Unha manifestación que defenderá o racismo, o machismo, a  xenofobia e o odio”, mentres en Galiza, o BNG participará na manifestación con miles de galegos e galegas para defender,  dereitos fundamentais como a sanidade pública.

 

Unha vez máis, dixo Pontón, o Presidente da Xunta demostra que é Casado quen marca a súa axenda política pero tamén a axenda de traballo até o punto de modificar a súa viaxe a Miami. Pablo Casado “chama a rebato” e obriga a Feixóo  a ir a mobilización de Madrid, unha mobilización, insistiu Pontón que vai en contra de Galiza.     

FEIXÓO, “MONICREQUE” DE PABLO CASADO

Pontón explicou que  estamos ante unha escalada na que o Presidente da Xunta demostra, día a día,   ser “un monicreque” de Pablo Casado e da estratexia de radicalización extrema na que se situou o Partido popular. Neste sentido, cualificou de   “gravísimo” que o PP utilice á Xunta de Galiza para facer “partidismo cutre”. Os galegos e galegas non somos xente extremista e estamos moi lonxe de posicións “racistas, machistas e antigalegas” como as exhibidas por esa “dereita botada ao monte,  desbocada e que perdeu o sentido da realidade”. A Xunta de Galiza non debe facer declaracións institucionais partidistas e si queren criticar o modelo de Sánchez, recalcou a líder do BNG,  Feixóo e Rueda poden ir a sede do Partido popular e facer todas as valoracións que desexen pero nunca utilizar en nome dos galegos e galegas, unha “estratexia radicalizada e onde Feixóo é un recadeiro de Casado”.

AS MULLERES NON SOMOS INCUBADORAS DE COTIZANTES Á SEGURIDADE SOCIAL

Nun encontro con responsables municipais do BNG dos concellos de:  Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vigo, Pontesampaio, Vilaboa, Moaña e Cangas, a eurodutada, Ana Miranda e o candidato á Alcaldía, Xavier Pérez,  en relación a situación medio ambiental  da Ría de Vigo, a portavoz nacionalista asegurou que como muller e galega síntese  “ofendida e insultada” polas declaración de Pablo Casado ao que replicou que as mulleres “non somos incubadoras de cotizantes á Seguridade social” e debería pedirnos desculpas porque, si non o sabe, as mulleres, sentenciou,  “temos dereito a decidir sobre o noso corpo” e o problema demográfico,  “non é responsabilidade das mulleres”. Pontón reclamou que Feixóo pida a Casado que retire as súas palabras que cualifico de  “ofensivas para a dignidade de todas as mulleres”.