Información
Xunta de Galicia

Urxe que a Xunta investigue as causas dos accidentes marítimos e tome medidas para evitalos

Información
27 Enero 2019 532 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, reclamoulle hoxe á Xunta que investigue de forma inmediata as causas que provocan o elevado índice de naufraxios nas costas galegas. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamar esta investigación e a toma de medidas urxentes para reducir o número de accidentes mariños, que foi rexeitada polo PP.

 

A responsable socialista advertiu que “o maior risco para a seguridade dos traballadores do mar son os propios Orzamentos da Xunta de Galicia”. Así o dixo logo de constatar a redución das partidas para Saúde e Seguridade dende os 900.000 euros de 2017 aos apenas 300.000 de 2019, que supoñen o 2 por cento do destinado a investimentos en acuicultura, “executando ademais nada máis que un 37 por cento, deixando no caixón 6 de cada 10 euros”.

Toja lamentou desleixo do goberno galego, que “adoece de vontade política para priorizar as cuestións de seguridade”, que permitan anticipar e así reducir o número de sinistros con resultado fatal.

Sinalou así á baixa execución dos fondos para seguridade, a retirada do seguro de mal tempo e a escasa formación en prevención por parte da Xunta como algunhas das causas que provocan o elevado número de accidentes.

Apuntou tamén á falla de sinalización de bateas ou a preguiza demostrada polo goberno galego á hora de iniciar as dragaxes pendentes nos portos galegos, provocando o abandono dos buques cando chega o mal tempo. Reclamou ademais o compromiso do goberno galego na implementación de sistemas para manter a flote ás embarcacións e dos sistemas individuais de localización que poden “marcar o límite entre a vida e a morte”.

Lembrou que o goberno galego conta coa Estratexia Galega de Seguridade e Saúde no Traballo –EGSST- 2017-2020 sen cumprir cando está a un ano de rematar, igual que o Plan Estratéxico Galego 2015-2020, que pon o acento na seguridade no seu eixo sobre crecemento sustentable no sector primario.

A parlamentaria socialista sinalou os datos do Novo Catálogo de Naufraxios, que alertan de que, nos 18 anos que van de século XXI, tiveron lugar preto de cen sinistros mariños en Galicia, cun elevado número de vítimas mortais.

23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)