Información
Xunta de Galicia

O Goberno de Feijoo na Xunta négase a colaborar Navarra na IDENTIFICACIÓN E RECUPERACIÓN DOS GALEGOS ASASINADOS

Información
17 Enero 2019 870 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Concepción Burgo censura que a Xunta “non quere nin levantar o teléfono” para ofrecerse a axudar na localización dos familiares dos presos

 

A responsable de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe ao goberno galego de negarse a colaborar co Proxecto Ezkaba, iniciado polo Goberno de Navarra para recuperar e identificar ás vítimas do penal do Forte de San Cristóbal. No debate dunha proposición non de Lei lembrou que aquela prisión albergou a máis de 700 presos políticos galegos durante o franquismo.

Burgo lamentou a falla de compromiso do PP e do Goberno galego cos familiares dos galegos represaliados ao rexeitar esta iniciativa que tan só pedía “dirixirse ao Goberno de Navarra e ofrecerlle toda a colaboración necesaria para desenvolver o Proxecto Ezkaba, especialmente para localizar aos familiares dos presos galegos”.

A responsable socialista criticou que a Xunta “non queira nin sequera levantar o teléfono para chamar a Navarra e ofrecer axuda”.

Salientou o longo traballo daquel Goberno para restaurar a memoria dos represaliados, que cristalizou en marzo do ano pasado nun encontro para conmemorar o 80 aniversario da fuga de 800 reclusos que intentaron chegar a Francia, á que só sobrevivirían 3. A Xunta renunciou a participar daquel encontro no que estiveron 13 comunidades autónomas, a pesares de que a dita fuga fora liderada entre outros por un galego, Antón Valadares.

Advertiu que “Galicia non pode estar aparte” desta iniciativa para “honrar á memoria de moitos galegos e galegas”, que quere entre outras cousas identificar a tódolos presos de San Cristóbal, unha labor na que o goberno galego pode axudar e moito localizando ás súas familias e recabando o ADN que permita identificar aos falecidos.

A pesares do desinterese manifesto polo PP e o Goberno galego, Burgo si que sinalou o interese amosado por colectivos galegos, que “levan moitos anos colaborando con esta iniciativa”, e apuntou á mostra exposta no Pazo de Fonseca en 2015. Naquela mostra foron amosados os resultados do traballo do equipo que estuda o Forte e no que están integrados entre outros os concellos de Santiago e Pontevedra ou un grupo de investigación das universidades galegas.

Burgo acusou ao goberno galego de “non ter feito nunca nada pola Memoria Histórica” máis alá de “meras intencións postas nun papel”, e subliñou a “preocupación brutal” que provocan estas posicións políticas, sinaladamente “co que temos no PP nacional e andaluz” e os seus acordos coa “estrema dereita de Vox”.