Denuncian que Feijóo manteña a Xunta de Galicia impasible ante os colapsos nas urxencias do CHUS
Denuncian que Feijóo manteña a Xunta de Galicia impasible ante os colapsos nas urxencias do CHUS
Información
04 Enero 201913405 votos - Registrate para votar
Eva Solla: “Hai un 20% do persoal de enfermería de baixa, en gran medida, polo estrés, a ansiedade e a presión constante que sofren nun servizo onde non se poñen medios para traballar”.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, vén de denunciar que “a Consellería de Sanidade non fai absolutamente nada para intentar rematar cos colapsos das Urxencias do CHUS” que tiveron lugar en plenas festas.
“A plantilla leva xa dous meses de folga despois de denunciar de maneira reiterada as carencias de persoal do servizo. A pesar disto, non se puxeron máis medios humanos para atender o incremento das Urxencias”, sinala Solla, que reitera que as persoas doentes, moitas graves, se acumularon nos corredores, unha situación intorable. Segundo explica, “esta situación pon en perigo a saúde das persoas e das traballadoras e traballadores. Hai un 20% do persoal de enfermería de baixa, en gran medida, polo estrés, a ansiedade e a presión constante que sofren nun servizo onde non se poñen medios para traballar”.
A coordinadora nacional de Esquerda Unida lembra que as e os profesionais médicos teñen denunciado a carencia de persoal “e mesmo teñen chegado a levar denuncias á Fiscalía polo falecemento dalgúns pacientes”. Ante esta situación, “a Consellería segue facendo ouvidos xordos e está poñendo en risco a saúde das persoas da área de Santiago de Compostela e a do persoal, que non se merece traballar en estas condicións”.
Dende Esquerda Unida denunciamos que a Xunta de Galicia siga impasible ante esta situación e esiximos que se tomen medidas e se atendan as demandas dos profesionais para dar unha axeitada calidade de servizo. Se ben o que está a ocorrer no CHUS é un exemplo da grave situación que atravesa o conxunto da sanidade galega polos recortes do PP, por iso, dende Esquerda Unida sumámonos e animamos a acudir á manifestación que terá lugar este vindeiro mércores 9 de xaneiro, na Praza Roxa de Compostela, ás 19 horas.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)