Información
Xunta de Galicia

A Deputación da Coruña acusa ao PPdeG na Xunta de falta de “transparencia” na distribución de fondos aos concellos

Información
01 Diciembre 2018 677 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, unha moción instando á Xunta de Galicia a aplicar a "transparencia no reparto de axudas" aos concellos e entidades locais.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   -  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Diego Calvo en la Diputación de A Coruña Presuntamente malversava fondos públicos para fundaciones del PPdeG..+
O texto aprobado hoxe denuncia que a Xunta de Galicia repartiu "a dedo" 22,5 millóns de euros nos últimos dous anos e esixe ao goberno galego a aplicación dun modelo similar ao Plan Único, baseado en criterios obxectivos para a distribución de fondos que permita aos municipios "deixar de mendigar axudas" e que se adecúe "a un modelo propio do século XXI, onde non procede o escurantismo".

 


A moción insta ao goberno galego a regular, mediante unha lei autonómica consensuada coa Fegamp, un sistema de financiamento xusto para os concellos galegos, que garanta a igualdade de acceso cunha convocatoria pública á que poidan concorrer todos os concellos en igualdade de oportunidades.


Asemade, solicítase que se integren no Fondo de Cooperación Local as partidas non finalistas do capítulo de transferencias locais e das subvencións que os concellos perciben anualmente.
"O que propoñemos é que os fondos dos concellos para os concellos da Xunta se repartan de xeito obxectivo coma se fai dende hai anos na Deputación", afirmou o portavoz do Grupo Socialista, Bernardo Fernández, que censurou que en programas como o Plan Urban "todos os concellos menos un son do PP".
O voceiro socialista dixo que mentres a Xunta, cun orzamento de 9.200 millóns destina 124 millóns para 313 concellos; a Deputación, con 178 millóns de presuposto, inviste máis de 90 no Plan Único.

.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   -  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Diego Calvo en la Diputación de A Coruña Presuntamente malversava fondos públicos para fundaciones del PPdeG..+

Fernández criticou "as liñas de axudas que se outorgan por orde de chegada, o que pode facernos pensar que alguén ten información privilexiada, xa que algunhas convocatorias de subvencións da Xunta esgótanse apenas horas despois de ser convocadas, incluso durante a fin de semana". "Qué valoran máis vostedes a celeridade ou a obxectividade", preguntou o voceiro socialista.


O voceiro do BNG, Xosé Regueira, sostivo que "a Xunta debía atender a todos os concellos" e censurou que o Concello de Carballo, con 32.000 habitantes, reciba só 45.000 € da Xunta este ano.

"Na Xunta óptase por outro modelo no que pasan cousas estrañas, no Plan Urbe o 93% das axudas foron para concellos do PP e no Plan de Infraestruturas e Equipamentos axudáronse a 75 concellos, 59 gobernados polo PP mentres que o Plan de Infraestruturas e Equipamentos de Medioambiente repartiu 4,3 millóns entre 19 concellos dos que 15 foron do PP", sinalou Xosé Regueira na súa intervención.

.  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +   -  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Diego Calvo en la Diputación de A Coruña Presuntamente malversava fondos públicos para fundaciones del PPdeG..+

O portavoz do PP, Agustín Hernández, afirmou que "existen fondos condicionados e incondicionados, como o Fondo de Cooperación Local, cunha participación ligada aos ingresos da Xunta e un sistema de reparto consensuado coa Fegamp".

23 Abr 2019 09:01

Un año más el Club Waterpolo Pontevedra luchará por el título...

Agenda de Galicia
20 Abr 2019 11:59

A cita terá lugar no pavillón do IES Río Miño este xoves,...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)